Venres. 26.04.2024
El tiempo

5 novos permex de marisqueo en O Pindo e Lira

5 novos permex de marisqueo en O Pindo e Lira

A Consellería do Mar convoca tres novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores do Pindo e dous para a de Lira. Ademais, publica a convocatoria dunha praza para percebe a pé para O Pindo. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, e deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da Consellería (enlace a dos permex de Lira e neste a dos permex a pé do Pindo e neste a do percebe a pé. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.es). Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Fonte

  • Xunta

Comentarios