Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Feira Náutica de Ocasión, a cita estrella do verán para o Náutico de Camariñas

A Feira Náutica de Ocasión, a cita estrella do verán para o Náutico de Camariñas
portada_boletin_club_nautico_camarinas_2017

Un dos poucos clásicos nos que nunca falla a Bandeira Azul é o Club Náutico Camariñas. E chegando a este comezo do verán sacan o seu boletín coas actividades do periodo xuño-decembro 2017, sendo a cita estrela a 1ª Feira Náutica de Ocasión Camariñas 2017 (FENACAM).

A cita desenvolverase entre o 12 e o 15 de agosto no propio club, con presencia de stand para empresas e particulares, que chegan ata dende Francia, ofrecendo produtos relacionados co mundo do mar. Deste xeito, os particulares que queiran achegarse a vender nese especial escaparate poden contactar con club no 618 950557 ou a través do correo electrónico [email protected].

Marea de actividades

En todo caso, as actividades arrincarán este San Xoán, o 23 de xuño, cunha gran Sardiñada e Izada de bandeiras.

Pouco despois tocará o V descenso en Kayak entre Ponte do Porto e Camariñas (22 de xullo): exposición "Aqueles maravillosos años 70-80 da EXB" (do 18 ao 31 de agosto), conferencias, mesas redondas, presentacións literarias, a semana dedicada ao Serpent (do 6 ao 12 de novembro), prexeccións sobre la Costa da Morte, concertos de grupos locales e comarcais…

Como peche de ano, o sábado 30 de dicembro, haberá unha festa de fin de ano adiantado para os socios.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios