xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Garda Civil aprehende outros 50 quilos de percebe en Camariñas

A Garda Civil aprehende outros 50 quilos de percebe en Camariñas
A Garda Civil aprehendía 50 quilos de percebes en Camariñas A Garda Civil aprehendía 50 quilos de percebes en Camariñas

A semana pasada a Garda Civil requisaban 575 quilos de ourizo en Lariño emais 33 quilos de percebes a un malpicán en Arteixo. Parece que os operativos contra o furtisvimo están máis activos que nunca na Costa da Morte, unha vez que esta mesma mañá de luns, efectivos da Garda Civil de Camariñas, en colaboración con compoñentes de Inspección Pesquera da Xunta de Galicia, procederon á aprehensión de case 50 quilos de percebes nun operativo contra a extracción ilegal de percebe.

O operativo que se iniciou sobre as 08:00 horas conllevo a identificación dun home que foi denunciado por extraer 3,5 quilos de percebe en exceso e por carecer de permiso para extraelo a pé. En segundo lugar detectouse unha embarcación descargando sacos de percebes nun punto non autorizado que ante a presenza policial tratarían de desfacerse deles arroxándoos entre a vegetación da zona; posteriormente foron localizados os sacos contendo 45 quilos de percebe e procedeuse a notificar ao servizo da Xunta correspondente este feito e outras irregularidades que presentaba a embarcación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios