A nosa cota de responsabilidade para co noso mar
Canto recoñecemento merecen estes bravos voluntarios que ocupan o seu tempo libre limpando os areais e as boleiras do mundo. De novo, temos que reiterar os nosos parabéns e a nosa eterna gratitude para os Xosé Manuel Barros e os outros 20 adultos chamados por Mar de Fábula, que traballaron arreo este sábado para deixar a boleira de Punta Caghada, en Camariñas, un pouco máis limpa.
Fixo un esplédindo, un agasallo máis deste raro inverno, para aproveitar e coidar o noso mar. Saían dende o porto de Santa Mariña cara á Punta Caghada do cabo Veo, imán dos temporais do Atlántico e do lixo plástico que viaxa, todo contento, no seo das correntes mariñas.
Voluntarios de Mar de Fabula limpando en Punta Caghada de CamariñasDurante 2 horas, traballaron duro apañando todas as botellas de plástico espalladas polos dous coídos de entrada á Punta Caghada. Entre os voluntarios, dúas notas destacadas. Seguindo un proceder coherente e responsable, de novo o alcalde de Camariñas xunto con outro membro da súa corporación, puxo mans á obra para coidar e manter limpo o patrimonio natural do seu concello. Por outra parte, apañando plásticos, amarrando e coordinando as estiba dos sacos, o patrón da ghamela na que serán embarcados, estivo todo o tempo activo dun a outro coído. Un novo exemplo de responsabilidade na súa profesión.
Ao final, a colleita de lixo foi como sigue: 58 sacos cheos de botellas e envases de plástico, nunha porcentaxe alta xa moi degradados, un lote en cada coído. Ademais, non podía fallar, moreas de granel, caixas, aparellos e sempre, sempre, as infames espumas e o porexpan.
Unha vez en terra, o lixo plástico será levado por un camión do concello cara aos contenedores que a nosa asociación utiliza en Arou para separar, clasificar e reutilizar todo este lixo mariño que xa nunca máis volverá ao mar, refugallos-testigos dunha sociedade que consume os seus recursos naturais coma se non houbera un mañán.
De volta ao peirao de Santa Mariña sobre as 150:0 horas, no picnic programado, os participantes disfrutaron e compartiron provisións e contrastaron experiencias e opinións, cunha sensación de fondo gratificante de ter asumido cada un de eles, unha vez máis, a súa cota de responsabilidade.
Voluntarios de Mar de Fabula satisfeitos tralo traballoNovas relacionadas
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Pequenos cambios, grandes resultados.
- Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula