Venres. 29.03.2024
El tiempo

A primeira alerta vermella de 2018 sáldase sen maiores danos pero con grandes imaxes na Costa da Morte

A primeira alerta vermella de 2018 sáldase sen maiores danos pero con grandes imaxes na Costa da Morte
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155890551377177/" width="800" height="500" onlyvideo="1"] Aínda que continua o nivel laranxa, as ondas de ata 8 metros que onte sacudían a bisbarra non provocaron inicialmente maiores danos en portos e costa. A profunda borrasca de ata 940 mb que Meteogalicia anunciaba o pasado martes, e que se situaba ao norte de Islandia, non afectou a Galicia no que se refire ao vento e a choiva pero si o mar, con ondas que acadaron alturas significativas. De feito, as sete da tarde de onte, os medidores en Punta Langosteira chegaron a rexistrar alturas de ata 12 metros e na boia situada fronte a Cabo Vilán a altura do mar acadou a esa hora os 9,38 metros. A principal consecuencia a esta situación foi sen dubida o amarre da frota ou, como no caso de Laxe, a súa evacuación a outros portos limítrofes, como Camariñas ou A Coruña. O porto laxense continua a rexistrar graves problemas cando o mar de fondo presenta condiciones como as de onte ou hoxe. I é que o amarre e a alerta continúan hoxe, con aviso laranxa en todo o litoral con ondas que poderían acadar os 8 metros e que as 06:00 da maña eran xa de 7 metros na costa de Camariñas. Continúa tamén polo tanto a recomendación de non achegarse ao litoral ata as tres da tarde. Así estaba o mar por Mordomo, Traba, como nos manda Juan Ramón Paz: [video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/01/18/Temporal-de-Mar-en-Mordomo-Traba-Juan-Ramon-Paz.mp4"][/video] Así estaba tamén Camelle, con marea alta: [fbvideo link="https://www.facebook.com/FrinsaLaConservera/videos/1521518191229014/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] En Camelle parecía que nevou, segundo cazou Marcos da Molinera: Temporal en Camelle-Foto-Marcos da Molinera Temporal en Camelle-Foto-Marcos da Molinera O que si nos deixa o temporal son imaxes e vídeos coma este de Suso Lista, que da medida do fermoso (e perigoso) que pode resultar o mar cando está desatado. [fbvideo link="https://www.facebook.com/suso.lista/videos/10213554204143600/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] Ou "géigeres" en Laxe como nos manda Víctor de Mira: [fbvideo link="https://www.facebook.com/victordemira/videos/10155417067747568/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] Por certo, que en Laxe, ante o temporal só puideron quedar dous pesqueiros (o resto foron abrigarse a outros portos). Así estaba segundo nos manda Abel Gándara: [fbvideo link="https://www.facebook.com/abel.gandara.5/videos/1775731535812959/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] As imaxes do porto de Malpica sempre son especiais: [fbvideo link="https://www.facebook.com/buceomalpica/videos/1593104134106176/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/submarino.bar/videos/10210760741309773/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/submarino.bar/videos/10210760858152694/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/100001547691164/videos/1659891664072407/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] Temporal Mar en Muxia-Foto-Barca Temporal de Mar en Muxia-Foto-Barca

Comentarios