Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Radio Galega une o Titanic co Serpent nun programa con Xesús Ferreiro, Rafael Lema e José Ángel Toba

A Radio Galega une o Titanic co Serpent nun programa con Xesús Ferreiro, Rafael Lema e José Ángel Toba
Mar de Ardora sobre Naufraxios en Camarinas Participantes no programa da Radio Galega Mar de Ardora sobre naufraxios Este xoves o Faro Vilán acollerá a gravación dun programa radiofónico moi especial. O programa Mar de Ardora, da Radio Galega, dirixido polo muxián Xusto López Carril, gravará un programa especial sobre os naufraxios. E contará con personalidades importantes como o Presidente da Fundación Titanic, Xesús Ferreiro, natural de Corme; o investigador e escritor experto en naufraxios Rafael Lema, e un náufrago muxián, José Ángel Toba, un sobrevivinte do naufraxio do Josal. O programa achégase a un lugar tan emblemático como o Faro Vilán, pois a idea é tecer unha rede de unión entre o Titanic, cuia a única relación con Galicia é o Encaixe de Camariñas, co Serpent. O programa emitirase este sábado 16 ás 7:00h da mañá na Radio Galega, e quedará nos podcast do programa.

Comentarios