Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Xunta esquece á pesca artesanal en Bruxelas

A Xunta esquece á pesca artesanal en Bruxelas
A conselleira do Mar Rosa Quintana co redactor das enmendas Gabriel Mato A conselleira do Mar Rosa Quintana, á esquerda, xunto con Gabriel Mato, á dereita, en Luxemburgo Este pasado luns 15 de outubro celebrábase en Luxemburgo o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea. Alí acodiu a Conselleira do Mar Roxas Quintana, que mantivo unha conversación con Gabriel Mato, presidente da Comisión de Pesca Española e relator das enmendas estatais á Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo relativo áos Fondos Europeos de Pesca e Marisqueo 2017-2021. Un Gabriel Mato que puido escoitar a semana pasada as peticións da expedición da pesca artesanal galega, que xunto coas enmendas presentadas pola europarlamentaria do BNG Ana Miranda, permitiron completar o texto en función das necesidades da nosa flota de baixura. E menos mal, porque se dependese da Consellería do Mar a pesca artesanal galega non tería voz algunha no Parlamento Europeo. A Conselleira só lembrou unha das demandas do sector, a prohibición da lei de descartes, que se vai poñer en funcionamento o vindeiro 1 de xaneiro e que podería ser a ruína de centos de embarcacións galegas. Quintana unicamente solicitou que o Consello de Ministros sexa unitario e manteña os mesmos criterios de reparto tanto para o Báltico como para o resto das augas da Unión Europea, se ben tamén pediu a eliminación dos TAC naquelas especies sen risco de conservación, de escasa relevancia de captura.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-presentou-unha-bateria-de-enmendas-ao-fondo-europeo-maritimo-pesqueiro/

Comentarios