A Xunta responde a En Marea que a única saída da planta de Calvo en Esteiro é unha cooperativa dos traballadores


Segue o peche da fábrica de Calvo en Esteiro copando protagonismo nas sesións do Parlamento. Onte visitaban o Parlamento Galego os traballadores, para escoitar as palabras do deputado de En Marea Manolo Lago e do propio goberno popular sobre o asunto. Lago preguntáballe directamente á Xunta “Por que non recibe ó Comité de Empresa?” e se ten algún plan para “evitar o peche da principal industria situada entre Noia e Carnota”.
Lembraba que “Non é un traslado”. É un peche de empresa de consecuencias fatais” para Son 300 postos de traballo (100 directos e fundamentalmente mulleres, 120 temporais e 80 empregos de actividades externas). Lago sinalou que “a Xunta non pode ser cómplice do peche, pois cómpre recordar que Calvo Esteiro recibe ducias de millóns en axudas de internacionalización”.
https://www.facebook.com/EnMareaGal/videos/2072054349684793/Unha cooperativa, a única saída para a Xunta
Foi a Conselleira de Mar, Rosa Quintana, e non o Conselleiro de Industria, que non compareceu, a que tomou a palabra en nome do goberno e que sinalou que apoiarían calquera iniciativa viable para a planta, deixando ver que o peche é indiscutible e poñendo as esperanzas noutro grupo empresarial ou na iniciativa dos propios traballadores. Neste sentido apuntou que a Consellería “xa está organizando uns cursos de cooperativismo no concello de Muros de cara a informar de posibles saídas laborais ás traballadoras afectadas”.
Ao remate da sesión, os representantes sindicais, que saíron moi decepcionados da resposta da Conselleira, reuníronse cos grupos da oposición, que confirmaron que seguirán traendo o asunto ao parlamento.
Novas relacionadas
- 06-11-17: Os traballadores de Calvo Esteiro queren negociar xa as condicións do traslado a Carballo.
- 19-10-17: O PSdG anima á mobilización para manter a planta de Calvo en Esteiro.
- 29-09-17: Calvo anuncia o traslado dos traballadores de Esteiro a Carballo:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).