xoves. 01.05.2025
El tiempo

Alumnos e mariscadoras limparán, con Mar de Fábula, a zona marisqueira da Basa

Alumnos e mariscadoras limparán, con Mar de Fábula, a zona marisqueira da Basa
A zona da Basa esta chea de plasticos A zona da Basa está chea de plásticos
Limpeza da zona da Basa con Mar de Fabula

Cantas cousas fan ben estes bravos de Mar de Fábula. Xa teñen preparada unha nova limpeza de plásticoz da zona da Basa, a zona marisqueira de Camariñas por excelencia. E non só ten convencidas ás mariscadoras para demostrar a súa responsabilidade e coherencia para coidar tamén polo aspecto estético e paisaxístico o seu ámbito de traballo. Senón que esta fin de semana virá ata un autobús de 55 escolares, mestres e familiares do colexio San José de Cluny, de Santiago de Compostela, que virán, nun decidido acto de solidaridade, virán a Camariñas a botarlles unha man ás mariscadoras.

I é que de novo, os ventos, as correntes e as ondas do mar, teñen amoreado neste pasado inverno unha chea de lixo plástico no fondo da ría de Camariñas. “O mar sempre escolle lugares privilexiados para devolvernos o que non é seu”, explica a alma da entidade organizadora Xosé Manuel Barros.

Será esta o terceiro ano consecutivo que retirarán o lixo plástico espallado na contorna da zona marisqueira da Basa, Xaviña, Camariñas. Unha actuación que serve para “poñer en valor os recursos naturais da zona, manter a calidade ambiental de toda a enseada da Basa, reforzar a súa imaxe de colectivo profesional comprometido na defensa do medio ambiente e incorporar valor engadido ao resultado do seu esforzo cotián.

Poden animarse a colaborar este sábado 20 de maio ás 10:30h. O lugar de encontro será no aparcadoiro bar-parrillada “O Rojo”, Xaviña, a 5kms da Ponte do Porto dirección Camariñas). Leven botas de goma e poden contactar no 608609042.

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Mar de Fábula

Comentarios