Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As consencuencias de gastar unha “broma” ao 112

As consencuencias de gastar unha “broma” ao 112
Mobilizar a embarcacion de SAlvamento Don Inda ten un alto custe Mobilizar a embarcación de Salvamento Don Inda ten un alto custe

Parece que entre a poboación hai pouca constancia do que custa a mobilización dun completo dispositivo de emerxencia. E non só en termos económicos, senón o que implica ter unha embarcación, un helicóptero e unha ambulancia pendente dun caso falso mentres poderían estar facendo falta noutro lado.

Algo así acontecía esta pasada tarde de martes 22 de agosto en Corcubión. O #CAE112 recibía unha chamada de emerxencia porque unha embarcación volcara fronte ao Carrumeiro. Un amplo dispositivo púxose en marcha mobilizando a embarcación Don Inda de Salvamento Marítimo por mar, o helicóptero Pesca I por aire, e por terra Protección Civil de Corcubión e unha ambulancia de Urxencias Médicas esperando no porto de Corcubión.

De aí a uns minutos, o 112 recibía o aviso de que a embarcación estaba ben e estaba sendo remolcada por unha embarcación particular. Aí foi cando o relato comezou a erguer sospeitas e foi cando dende o #CAE112 considerou definitivamente que en ningún momento existiu tal emerxencia, e que se trataba dunha “broma”, palabras textuais que explican dende a Axencia Galega de Emerxencias para catalogar esta “falsa alarma” e anular o dispositivo.

”Chamadas maliciosas”

Ben é certo que segundo asegura unha persoa cercana ao suceso, non foi exactamente unha broma adicada á Axencia de Emerxencias. Explican que unha persoa da embarcación alertou a un familiar cando estaban en apuros e que foi ese familiar o que chamou ao 112 a pesar de que ao final non pasou nada.

Sexa o que for, a necesidade de ter unha maior responsabilidade con estes asuntos parece apremiante.

E máis, tendo en conta que segundo nos contan dende o centro de chamadas do 112, esta clase de chamadas “maliciosas” chegan con máis asiduidade da imaxinada. No centro de recepción de chamadas, os técnicos xa soen filtrar boa parte destas chamadas, descubrindo incongruencias nos relatos.

Alto custe do dispositivo

Facendo unha estimación aproximada do que pode custar a mobilización do helicóptero Pesca 1 da Xunta, da embarcación de Salvamento Don Inda e da ambulancia, aínda que o dispositivo non chegue a unha hora, chegamos á conclusión de que poderían ser máis de 5.000€ os que as administracións intenten reclamar aos autores da suposta “broma”.

Dende feito, dende AXEGA confírmannos que "procederáse a aplicar o protocolo previsto en caso dunha presunta chamada maliciosa ao CIAE112-Galicia, iniciando as dilixencias previas de investigación, e en caso de existencia de indicios de incumprimento da Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia, en canto á realización de chamadas ao 112 comunicando avisos falsos, procederáse a iniciar o correspondente expediente sancionador".

Falsa alarma en Ponteceso

A pasada semana acontencía un caso coas mesmas consecuencias pero de distinta índole. Un rapaz saía a bucear na praia da Barra, en Ponteceso, e cando saía non avisaba aos seus compañeiros, que alertados ante a tardanza do seu amigo, chamaron ao 112. Cando xa estaban mobilizados os medios de salvamento, decatáronse de que o amigo xa estaba en casa, polo que se procedeu a suspender o dispositivo.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios