As Mulleres do Mar de Camariñas e Malpica unen os seus proxectos turísticos

11:18 14/06/18


Un proxecto COMÚN de visibilización turística
Como nos conta Ángeles Millé, “con Candieira estamos intentando poñer un proxecto en común as redeiras de Malpica coas mariscadoras de Camariñas, para traballar traendo grupos aos dous sitios, coa ilusión de transmitir a cultura mariñeira dos pobos costeiros, ensinar o noso oficio…” Proxectos que xa están en marcha, pois tanto en Camariñas como en Malpica xa fan visitas de grupos ou particulares. “En Malpica xa temos algunha axencia que contacta con trasatlánticos, e é raro que non teñamos algún grupo de ingleses, xaponeses… todos os anos”, explica Ángeles. ”É algo moi bonito, a xente queda moi contenta con estas visitas, ademais sempre vén o alcalde a saudar, e iso sempre gusta. Sorprende tamén ver as cousas que non sabe a xente, cousas que para nós son evidentes, pero é que hai xente que mesmo nos ten dito que nunca escoitaran falar a unha muller do mar”, cóntanos satisfeita de ensinar o seu mundo ao mundo enteiro. De feito, xa están pendentes da visita dunha profesional do sector turístico de Holanda, que vai vir facer unha visita para preparar unha viaxe cun grupo, e “imos utilizar esa experiencia para estrear este proxecto de Candieira conxuntamente coas mulleres de Camariñas”, explica.Un extra
En todo caso, e se ben está moi satisfeita dos avances en materia turística que se levan dados nos últimos anos, Ángeles recoñece que “o traballo de verdade é todos os días cas redes. Esto é un extra, son temas estacionais e aquí o verán é moi curto. Non imos vivir disto, porque é moi complicado ter visitas todas as semanas. Si que temos bastantes particulares e algún grupo, pero é complicado depender só destas visitas”.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-muller-e-a-protagonista-dos-novos-programas-formativos-de-candieira/- Outubro 17: A muller é a protagonista dos novos programas formativos de Candieira.
- Candieira leva a Muros o seu taller de ideas
- Setembro 17; Candieira organiza en Cabana un taller de xeración de ideas
- Xullo 17: Bota a andar o proxecto Candieira, un proxecto en clave de muller, mar e rede
Máis novas
https://quepasanacosta.gal/de-ruta-coas-mariscadoras-de-camarinas/ https://quepasanacosta.gal/en-galicia-as-mulleres-do-mar-somos-pioneiras-en-unirnos/ https://quepasanacosta.gal/calafateando-redeiras-invisibles-pero-imprescindibles/ Fonte-
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Galp Costa da Morte