![Praia de Bornalle en Muros habilitada para cans-playa perros galicia-coruña]()
Fai pouco pasaba pola bisbarra
Pipper, o primeiro can turista que anima a todo o país a convertirse nun destino “pet friendly”. Pero Pipper apenas puido pisar as nosas fermosas areas, porque na Costa da Morte apenas contamos cunha soa praia aberta aos cans.
É a praia de Bornalle, en Abelleira. O Concello de Muros aprobaba unha ordenanza o pasado mes de xuño para cubrir unha demanda moi necesaria en toda a bisbarra e en toda a provincia. Porque se ben é certo que o Concello aínda non fixo o rexistro oficial nin a deu de alta en espazos como
redecanina.es ou en
www.playasparaperros.com, as webs máis utilizadas por estes usuarios, apenas aparecen 3 praias en toda a provincia: a de Ares, na zona de Ferrolterra, e da Arenal, na Proba do Caramiñal.
En todo caso, este ano é de proba. “De momento as críticas son boas, e esperamos que non lles incomode ao resto de usuarios”, explica a Axente de Sostibilidade, Sonia Lago.
”A ver se espabilan os concellos”, explícanos Pablo Caamaño, veciño de Malpica que percorreu case 100 km para poder disfrutar cos seus cans dun areal. “A verdade é que coñecemos moita xente co mismo problema”, explica. “Paréceme incrible que nunha zona como a nosa con centos de praias virxes non haia máis praias para ir cos cans”.
![Pablo Caamaño viaxou cos seus cans dende Malpica ata Muros para disfrutar da praia de Bornalle]()
Pablo Caamaño viaxou cos seus cans dende Malpica ata Muros para disfrutar da praia de Bornalle
![Praia de Bornalle-Muros aerea]()
O lugar da praia de Bornalle é paradisíaco
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/pipper-o-primeiro-can-turista-de-espana-anima-aos-establecimentos-da-costa-da-morte-a-facerse-pet-friendly/