Domingo. 25.08.2019
El tiempo

Camariñas, territorio de 2ª para Portos

Camariñas, territorio de 2ª para Portos
Volve dar as costas Portos de Galicia a Camariñas, por ter goberno socialista. Así o entende a alcadesa Sandra Insua, despois do caso omiso que lle fixo o ente autonómico a raíz dunha reunión mantida sobre o posible remate da terceira fase do borde portuario de Camariñas. Unha obra absolutamente necesaria para rematar a fachada marítima, pois nesta zona provócase un “cuello de botella” entre carretera, aceras e borde portuario no que se pon en perigo a seguridade vial dos cidadáns. Pero o presidente de Portos, José Juan Durán Hermida foi taxante e a súa resposta foi exactamente que “esas obras non eran prioritarias para Portos de Galicia”.  Mentres a Conselleira anunciaba un megaproxecto para Porto do Son, dende o PSdeG de Camariñas pregúntanse "como é posible que o Presidente de Portos desprece a todo un pobo que vive de cara ao mar como Camariñas negándolle o remate dunhas obras que poñen en serio risco a seguridade dos veciños da nosa vila argumentando que non son prioritarias e, sen embargo, autorízanse obras multimillonarias en outras vilas con “edificio de usos náuticos” incluído". Por todo isto os socialistas de Camariñas convocarán unha reunión urxente da súa executiva para determinar as accións a levar a cabo dende o partido para esixirlle a Portos de Galicia a inmediata posta en marcha das obras da 3ª Fase do Paseo Marítimo de Camariñas que evite males maiores.  

Comentarios