Comisan máis de 50 kilos de percebe e centola en Fisterra

13:26 28/04/17

Cuarta operación contra o furtivismo nunha semana na Costa da Morte. Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisaron nos últimos días máis de 51 quilos de percebe e case 5 quilos de centola. Foi nunha actuación realizada nun establecemento situado no entorno portuario de Fisterra.
Os axentes comisaron o percebe por ser de talle antirregulamentario e por estar a maioría sen documentación que amparase a mercadoría e a centola por estar ovada. Finalmente entregaron o percebe nun centro benéfico e a centola, que estaba viva, devolvérona ao mar. A mercadoría comisada tería un valor no mercado de arredor de 1.400 euros.

Novas relacionadas
- 24-04-17: A Garda Civil aprehende outros 50 quilos de percebe en Camariñas.
- 20-04-17: Comisan 575 quilos de ourizo en Lariño.
- 17-04-17: Un malpicán é sorprendido en Arteixo con 33 quilos de percebe furtivo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).