Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte

11:24 21/12/18
- O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.
- 3 falecidos e un desaparecido nun naufraxio dun barco do cerco nos Baixos Meixidos.

E a Base de Salvamento?
Dous sucesos que nos fan pensar de novo na esquecida Base de Salvamento da Costa da Morte. Despois da desastrosa creación da base do heliporto de Lires e a pesar das continuas peticións do BNG, as administracións esquecen eses 40.000 barcos que pasan cada ano polo noso Corredor, e os centos de barcos de pesca que saen a faenar cada día pola zona. Outros profesionais lembran tamén esas iniciativas que intentaron promover equipos de protección para os traballadores do mar, como un pequeno chaleco salvavidas, cómodo, adecuado para traballar, e que exista a obriga de poñelo a bordo.”E aínda din que o peixe é caro”
Como versa esta ilustrativa viñeta da empresa pontecesá Corious Brain, a realidade do mar ponnos en alerta para reflexionar sobre a importancia da valorar os nosos recursos e os traballos que fan as nosas xentes. Unha realidade exportable ao traballo dos percebeiros, que ao longo da semana tamén se xogaron a vida para conseguir un dos petiscos máis especiais de da mesa de nadal. Por algo é o rei do marisco.Días de luto oficial
Ante estas catástrofes, o Concello de Malpica decreta 2 días de luto oficial e suspenderán o ágape de nadal de traballadores municipais, o concerto de Nadal do venres e a proxección do sábado. Ademais, o presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices Vieira, aproveitou a sesión de onte para expresar o seu pesar polos falecidos nos últimos naufraxios na costa galega, enviando o seu, e de todo o Parlamento, “sentido pésame” ás familias dos falecidos nos dous naufraxios rexistrados nas últimas horas nas costas galegas, sentimento que fixo extensivo a “toda a xente mariñeira de Galicia”. Tamén o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, desprazouse onte á tarde ata a localidade de Malpica, onde trasladou as súas condolencias e as do Goberno á familia do marinero falecido no naufraxio do pesqueiro “O Silvosa”, tras unha xuntanza co alcalde Eduardo Parga.Novas relacionadas
- O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.
- 3 falecidos e un desaparecido nun naufraxio dun barco do cerco nos Baixos Meixidos.