Corme celebrou os 25 anos da Festa do Percebe do Roncudo


Segue a ser unha das festas máis potentes da bisbarra. E non só falamos de gastronomía, senón tamén de troula. A Festa do Percebe do Roncudo cumpría o pasado sábado 15 de xullo 25 anos, e facíao cunha combinación perfecta para uns, pero excesiva para outros. Os máis vellos lembran aquela festa gastronómica tradicional con nostalxia. Os máis novos disfrutan dos mellores percebes do mundo ao mesmo tempo que dunha das festas da xuventude máis promiscuas da bisbarra.
Dende ben cedo as rúas énchense de cuadrillas coas súas camisetas, e pouco a pouco a música vai invadindo o peirao cormelán. Máis de 40 persoas traballaron arreo dende ben cedo pola mañá para ter ducias de potas de cachelos e nada menos que uns 700 kg do marisco rei, que este ano traía un tamaño para fardar. Son precisamente esas potas, e eses cociñeir@s, os grandes protagonistas da festa, xunto cos brav@s percebeir@s que se xogan a vida cada día nas nosas rochas.
https://www.facebook.com/festa.dopercebecorme/videos/881993685286026/Era o deputado do PP Aurelio Núñez o que abría as festas co pregón. As carpas comezaban a encherse a ritmo da charanga e dos percebes. E a partir de aí, turno para a troula.






Galerías das Festas do Percebe do Roncudo
- Festa de Percebe do Roncudo 2016: Gastronomía e troula, protagonistas por igual na Festa do Percebe do Roncudo.
- Festa de Percebe do Roncudo 2015: O percebe e a troula triunfaron a partes iguais na Festa do Percebe do Roncudo.
- Festa de Percebe do Roncudo 2014: O percebe, en imaxes.
- Festa de Percebe do Roncudo 2013: Moito máis que un sábado de percebes e rockandroll.
- Festa de Percebe do Roncudo 2012: 20 anos de percebes e festa en Corme.
- Festa de Percebe do Roncudo 2011: Corme esgotou cos 1.000 quilos de percebes do Roncudo.
Novas relacionadas
- Abril 17: Comisan máis de 50 kilos de percebe e centola en Fisterra
- 24-04-17: A Garda Civil aprehende outros 50 quilos de percebe en Camariñas.
- 17-04-17: Un malpicán é sorprendido en Arteixo con 33 quilos de percebe furtivo.
- Marzo 2017: Falece Paco Souto mentras mariscaba en Razo.
- Setembro 16: Rescatan en Laxe a un percebeiro tras caer ao mar.
- Abril 2016: Un percebeiro cae ao mar en Fisterra e aparece un corpo en Caión.
- Calafateando: Un día especial na vida dun percebeiro.
- Unha homenaxe, en vídeo, á figura de percebeiro.
- Unha tarde cos percebeiros de Laxe.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).