“En Galicia, as mulleres do mar somos pioneiras en unirnos”
08:58 16/09/17
Ángeles Millé é a Presidenta da Asociación de Redeiras o Fietal de Malpica e a Secretaria da Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Anmupesca)
E non é que o digamos nós. Dío unha das mulleres que máis coñece o asunto de toda a península. Ángeles Millé, Presidenta da Asociación de Redeiras o Fietal de Malpica, é a Secretaria da Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Anmupesca), formada o pasado mes de maio, e que conta con colectivos femininos vencellados ao mar en Galicia (por suposto, a máis numerosa), Asturais, Cantabria, Valencia e Andalucía.
”Somos mariscadoras, redeiras, transformadoras do peixe, de pulpo, armadoras… Intentamos aglutinar a todas as mulleres que pertencen o sector do mar para velar polos nosos intereses sobre todo en temas de igualdade, como ter as mesmas condicións socio-laborais, económicas, coeficientes redutores…”, explícanos Ángeles.
”As outras comunidades aínda teñen moitos pasos que dar para chegar á nosa altura, e para iso tamén traballamos na Anmupesca”, explica. Esta semana, Ángeles deixou a súa Malpica para viaxar ata Valencia, e manter unha reunión coa Generalitat. Unha visita para negociar certos puntos e para asegurarse de que os colectivos que representan están sendo ben atendidos polas administracións da súa comunidade.
A malpicá Angeles Mille e a cormelá Rosa Rodríguez nunha reunión coa Xunta
A entidade, da que é presidenta Rita Míguez de lana Iglesia, de la Asociación de Mariscadoras de Virgen del Carme de Arcade (que tamén viaxou a Valencia) conta na directiva con outra costeira, a activa Rosa Rodríguez Vidal, da Asociación Illa da Estrela de Corme.
Ambas participaroin o pasado mes de xullo nunha reunión coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, na que expuxeron posibles proxectos nos que Xunta pode axudar a levar a cabo. Ademais, a Secretaria confirmou que vai axudar a esclarecer datos tan importantes e que nunca se teñen colleitado como cal é a aportación á economía do país do colectivo feminino do sector do mar.
Aquí vos deixamos cunha boa entrevista a Ángels do pasado ano como presidenta do Fieital:
Novas sobre as redeiras
- 17 persoas aprenden a profesión de redeira en Malpica.
- Malpica acolle un novo curso profesional para as redeiras.
- As redeiras, pioneiras en materia de prevención.
- Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles.
- Maio 2017: As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- Abril 2017: As Redeiras do Peirao entregan a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo ao Museo do Pobo Galego.
- Outubro 2016: Un aseo, unha necesidade básica cuberta para as redeiras de Malpica.
- Abril 2016: As redeiras de Corme e Malpica especialízanse no interiorismo.
- Novembro 2016: As redeiras de Malpica xa tecen na rede.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).