Falece un carnotán ao caer o seu vehículo ao mar no porto de Muros


Tráxica mañá esta do venres 17 de febreiro en Muros. Un coche caía ao mar no peirao muradán sobre ás 10:00 horas. O pánico cundía en todo o porto, pois eran dúas as persoas que estaban dentro, un pai e unha filla, naturais de Carnota.
Acodían de inmediato a embarcación de Salvamento Ría de Vigo, 061, a Garda Civil, a Policía potuaria, Policía Local, H3, e o GES de Muros. Foron os buzos do Ría de Vigo os que recuperaban, sacándoos do interior do vehículo, o corpo xa sen vida do pai, e conseguían sacar con vida á filla.
Unha ambulancia achegouse ao punto para atender ás vítimas do accidente. Pese aos intentos de reanimación, o persoal sanitario nada puideron facer por salvarlle a vida ao varón. A muller foi evacuada na aeronave a un centro hospitalario.
É o segundo suceso semellante que acontece no porto muradán nos últimos meses.



Novas relacionadas
- Novembro 2016: Morre unha persoa en Muros tras caer ao mar co coche.
- Outubro 2015: Aparece o corpo do mozo de Lires no seu vehículo no fondo do mar de Cee.
- Agosto 2014: Un home morre ao caer ao mar no seu coche no porto de Brens.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Fotos: GES.