Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Lira volveu convertirse, a base de cine, na referencia internacional da pesca sostible

Lira volveu convertirse, a base de cine, na referencia internacional da pesca sostible
Publico na Mostra de Cinema de Carnota Numeroso público na Mostra de Cinema de Carnota A I Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, conseguir devolver a Lira ao epicentro mundial da pesca sostible. A pesar da situación de coma que sofre a Reserva Mariña dos Miñarzos, a pequena vila carnotá segue a ser unha das grandes referencias internacional no mundo da sostibilidade da pesca. E así se demostrou nesta ambiciosa proposta cultural e mariñeira, ata onde chegaron xentes de toda a península. ”Nun marco como a Lonxa Vella, e coa axuda da Asociación Canle, foi todo un éxito de organización e de participación, demostrando que Lira segue a ser un referente na materia a pesar de estar como está”, recoñece un dos asistentes, Milucho Louro. “Había asistentes que estaba no Grove, participando no Foro de Recursos Mariños, e que subiron ata Lira só para vela Mostra, que quixeron estar pola repercusión internacional que tivo a Reserva Mariña no seu día”, explica. Outro dos que fixeron posible a Mostra (co permiso do directo Marcos Gallego, gran culpable e executor do proxecto, e xa especialista na materia con aquel proxecto liracho que percorreu o mundo do ”Lira. Reserva de vida na Costa da Morte”), foi Manuel París, especialista en proxectos europeos como aquel fermoso proxecto Fishernet, que precisamente puido ser a semente deste festival, pois daquela xa se comezara a barallar, da man dos países do norte, un festival semellante. Hai a día de hoxe, de feito, varias propostas semellantes polo mundo, e a idea é irmandar esta mostra con outras semellantes, como a o festival do Cabo Norte (xa na 15ª edición e representado en Carnota por medio de Knut Erik Jensen, que presentou unha película sobre a pesca do bacallau nos 70 que estaba moi deteriorada e que non puido ser proxectada ao completo), o festival de Lorient e o recén estreado das Illas Orcadas de Escocia, todos presentes naquel proxecto de recuperación patrimonial.

Alta asisitencia

Mostra de cinema de Carnota Manuel París e Knut Erik Jensen na Mostra de Cinema de Carnota O nivel de asistencia mesmo sorprendeu á organización, que amosou, iso si, unha solvencia máxima a nivel técnico, gracias ademais á boa disposición do Concello de Carnota e do seu persoal técnico, volcado co evento. Garántese así a continuidade da Mostra para o vindeiro ano, tras comprobar o interese e aceptación dun evento tan singular coma este, con documentais sobre unha temática tan concreta, en versión orixinal subtitulados e sen grandes medios de promoción. Había un público moi variado, con xente da zona pero tamén de fóra (Arousa, Alicante…), e os asistentes puideron gozar tamén por un lado da Exposición Fotográfica sobre o mar e a pesca tradicional, froito do 1º Concurso de Fotografía organizado polo Concello de Carnota, e por outro lado da Escola de Cinema Mar de Lira, onde a xuventude de Carnota demostrou a súa creatividade audiovisual, nunha actividade formativa e didáctica desenvolvida dende o programa Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia. Para rematar cada unha das xornadas, contaron coa actuación do grupo vigués Igmig o día 12 e o sábado 13 con Mounqup.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/4-visions-costeiras-da-visita-da-pesca-artesanal-galega-ao-parlamento-europeo/ https://quepasanacosta.gal/fishernet-recuperando-o-patrimonio-cultural-marineiro-dende-a-costa-da-morte-para-toda-europa/

Comentarios