Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Malpica pide que non se demore o arranxo da enferruxada grúa do porto de Barizo

Malpica pide que non se demore o arranxo da enferruxada grúa do porto de Barizo
Estado enferruxado da grua do Porto de Barizo Estado enferruxado da grua do Porto de Barizo

“No mes de marzo xa tiven unha reunión co presidente de Portos na que, entre outros temas, trasladeille as deficiencias que me fixeran chegar os veciños de Barizo, fundamentalmente o arranxo da grúa, a grada e o peche das casetas”. O alcalde de Malpica, o popular Eduardo Parga, volve pedir así a Portos de Galicia que non siga adiando o arranxo da grúa do porto de Barizo, unha vez que xa está en tramitación dende o mes de agosto.

Parga traslada así a demanda dos usuarios do porto para axilizar unha situación que leva vividos varios inconvintes. “Para solucionar a primeira avaría xa está solicitada a tramitación do gasto dende o 1 de agosto. Despois xurdiu a avaría do polipastro, e tamén se está a realizar a tramitación para poder contratar o arranxo. Polo tanto, non é certo que non se fixera nada, como di o portavoz de AIM”, engade o alcalde.

Lembra que o mantemento do porto non é competencia do Concello de Malpica, senón de Portos de Galicia, e asegura que ten solicitado unha grúa nova, tamén.

Pingueiras nas casetas

Os usuarios urxen tamén a necesidade de acometer obras polas pingueiras que teñen as casetas (só 13 das 50 están ocupadas).

Ademais, os servizos seguen abertos pero sen servizo de limpeza, pois debería ser o Club náutico o que levara o mantemento, segundo sinala o alcalde. O temporal provocou ademais varios danos, rompendo varias portas, polo que se optou por tapialos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-presentou-unha-bateria-de-enmendas-ao-fondo-europeo-maritimo-pesqueiro/

Comentarios