Mariscadoras de Camariñas e Redeiras de Malpica unen lazos a través do turismo mariñeiro
Continúa en marcha o proxecto Candieira, da man do GALP Costa da Morte, que pretende tecer pontes de colaboracións entre as mulleres do noso mar na diversificación. E unha das accións máis singulares é a unión, en clave de turismo mariñeiro, das Mariscadoras de Camariñas e Redeiras de Malpica. A pasada semana, as redeiras malpicás realizaron unha visita a Camariñas, e disfrutaron de primeira man da ruta turística que fan cas mariscadoras (e mariñeiras) da vila do encaixe, no que serviu como primeiro ensaio que realiza o proxecto.
Yaqui Lista, mariscadora de Camariñas, facendo á ruta turística ás redeiras de MalpicaCon paixón, as camariñás contaron e explicaron o seu oficio pisando os escenarios que pisan a diario: o paseo, o peirao, a lonxa e o banco de Ariño. Non era a primeira vez que o fan, pois Yaqui Lista e Lita González levan contando a súa profesión a visitantes durante varios anos.
Yaqui Lista, dá a benvida e conta a súa vida ligada ao mar, onde se criou e ao que agora quere coidar: sementa e apaña ameixa, berberecho, longueirón... máis xestiona as nasas do polbo e da nécora no barco que comparte coa súa parella, tamén mariñeiro.
A visita continúa cara o peirao, falando das embarcacións, dos permisos, campañas, cotas, aparellos… así como as especies que colleitan pola zona, sobre todo centola, xarda, xurelo, nécora e polbo, que se subantan na poxa dos martes, na lonxa.
A segunda parte da experiencia de turismo mariñeiro celebrouse a poucos quilómetros, na parroquia de Xaviña. Aí Lita González explicou como mariscan, fundamentalmente ameixa e berberecho. Tocaba mollar os pés e baixar o lombo para vivir en primeira persoa o traballo dunha brava mariscadora.
E precisamente iso, vivir en primeira persoa a vida das mulleres do mar, é o sentido deste programa de turismo mariñeiro Embarca, que ten seis itinerarios na costa galega. Ademais das dúas rutas das mariscadoras camariñás, hai rutas por Amegrove, Vilanova de Arousa e Amarcarril na Ría de Arousa; por Reiboa, na ría de Pontevedra; e por Arcade, na ría de Vigo.
Agora, mariscadoras de Camariñas e redeiras de Malpica quedaron de reencontrarse en Malpica para ensaiar unha nova experiencia de turismo mariñeiro.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/mariscadoras-da-ria-de-muros-e-noia-animan-as-de-corcubion-e-fisterra-a-tecer-redes-conxuntamente/ https://quepasanacosta.gal/as-mulleres-do-mar-de-camarinas-e-malpica-unen-os-seus-proxectos-turisticos/- Outubro 17: A muller é a protagonista dos novos programas formativos de Candieira.
- Candieira leva a Muros o seu taller de ideas
- Setembro 17; Candieira organiza en Cabana un taller de xeración de ideas
- Xullo 17: Bota a andar o proxecto Candieira, un proxecto en clave de muller, mar e rede
Máis novas
“De ruta coas mariscadoras de Camariñas” — Que pasa na costa ““En Galicia, as mulleres do mar somos pioneiras en unirnos”” — Que pasa na costa “Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles” — Que pasa na costa Fonte- Redacción QPC ([email protected])