Venres. 26.04.2024
El tiempo

Noetiña visibiliza o traballo das mulleres do mar aos centros de ensino

Noetiña visibiliza o traballo das mulleres do mar aos centros de ensino
Presentacion de Noetiña en Fisterra Presentación de Noetiña en Fisterra

Despois das emotivas estreas en Fisterra e Corcubión, o documental “Noetiña” celebra estes días varias visitas polos centros de ensino da comarca. Onte o equipo de Socialdocs cedeu a proxección ao IES Urbano Lugrís de Malpica e hoxe son os alumn@s do IES Ramón Caamaño de Muxía os que poden comprobar a fortaleza das mulleres do noso mar.

Como nos conta Domingo Díaz, as presentacións foron “moi emocionantes, tanto en Fisterra pola vinculación que hai ca familia protagonista, como en Corcubión, onde está o barco. A verdade é que moita xente nos dixo que o traballo reflectía moi ben a realidade social e a problemática da invisibilidade da muller no mundo da pesca”, explica.

Por agora traballan na difusión do proxecto, partido da Costa da Morte pero pensando tamén en espallalo por zonas marítimas da provincia e de toda Galicia pois o documental recolle unha problemática que non é allea en todo o litoral galego.

Mentres preparan o tráiler e os subtítulos en castelán en inglés, xa pensan tamén en festivais onde poderán presentar o traballo, esperando velo na Mostra de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo de Carnota o vindeiro ano.

Equipo de Noetina en Fisterra Equipo de Noetiña en Fisterra

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-documental-noetina-remata-a-sua-rodaxe/ https://quepasanacosta.gal/lira-volveu-convertirse-a-base-de-cine-na-referencia-internacional-da-pesca-sostible/

Comentarios