Sábado. 20.07.2019
El tiempo

O guincho volve á Costa

O guincho volve á Costa

Tan espectacular como reivindicativo é o novo vídeo documental natural que vén de realizar Francisco Lema, Chisco. O ex alcalde de Corcubión, todo un especialista na fauna galega, vén de colaborar nun Proxecto de Reintrodución da Aguia Peixeira, un proxecto internacional coordinado por Luís Palma e Jorge Safara. Faino con esta impresionante reportaxe de 23 minutos para contribuir e darlle difusión ao programa e fomentar a recuperación dunha especie que estivo a piques de extinguirse na península.

O Guincho desaparecera en España nos anos 80, mentres que en Portugal aguantou ata o 2002. É Portugal o que está traballando na repoboación da península, botando parellas en Andalucía, País Vasco, e na Costa da Morte.

Sorprendido quedou Chischo cando veu esta especie na nosa bisbarra e non dubidou en poñerse en contacto co programa financiado por EDP.

Chisco remata o vídeo instando ás administración e á sociedade se conciencie da necesidade de afianzar verdadeiras colonias desta especie singular.

 

Novas relacionadas

Máis vídeos naturais

Vídeos aéreos

Imaxes nocturnas

Fonte

Comentarios