Martes. 10.09.2024
El tiempo

O PSdeG critica a improvisación de Portos de Galicia fronte aos temporais

O PSdeG critica a improvisación de Portos de Galicia fronte aos temporais
dique-corme-temporal Un dos temporais do inverno pasado levou por diante parte do dique de Corme A portavoz de Pesca do Grupo Socialista - Loli Toja - aproveitou a súa intervención na Comisión de Pesca do Parlamento galego para criticar a “improvisación, falla de execución e carencia de políticas de prevención” nas intervencións de Portos de Galicia fronte aos temporais. Precisamente, a Comisión reuníase para dar conta das actuacións derivadas dos danos provocados polos temporais do inverno pasado. Loli Toja criticou que a acción do goberno galego “caracterízanse pola absoluta ausencia de política de prevención, o cal afecta directamente á seguridade”, deixando sen realizar as dragaxes pendentes ou a sinalización das bateas. Sinalou que “hai que investir en prevención, deixar de improvisar, de extinguir, para o cal é preciso levar a cabo unha política de prevención tamén no mar”. Puntualizou neste sentido que “non é admisible a cantidade de dragaxes pendentes de executar, uns debidos aos longos prazos de tramitación e outros a que simplemente non son prioritarios para vostedes”. Sinalou así os casos de Pontevedra, Laxe, Espasante, Foz, ou A Pobra, exemplos dunha administración, a de Portos de Galicia, que é “un exemplo constante de incumprimentos, partidas que aparecen, non se executan, e outras que xa directamente desaparecen”. No mesmo sentido apuntou á falla de execución na sinalización de elementos nas rías galegas como os polígonos de bateas, fundamental para garantir a seguridade para as 4.000 embarcacións que circulan por elas. Actualmente, dixo, hai en torno a 3.300 artefactos, máis de 3.000 nas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, todas elas en augas interiores, sen sinalización luminosa nocturna”. A responsable socialista resumiu que “os investimentos de portos non compren cos obxectivos, deixan sen executar os orzamentos, só actúan seguindo criterios sectarios do presidente”. Puntualizou que “sen investimento non hai crecemento”, e lamentou que deixen “por norma” sen executar as partidas orzamentadas, chegando a que na primeira metade do ano tan só fora investido o 3,6 por cento dos orzamentos previstos para construción, conservación e explotación portuaria e infraestruturas pesqueiras.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios