Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PSdG pide melloras no peirao e retomar o proxecto do Porto Deportivo de Corcubión

O PSdG pide melloras no peirao e retomar o proxecto do Porto Deportivo de Corcubión
Afundimento dun barco en Corcubion en decembro 2016 Afundimento do barco Hermitas en Corcubión o pasado mes de decembro Loli Toja expoñerá na Comisión de Pesca que se celebra hoxe ás 10:30 horas no Parlamento galego, unha proposición non de lei con medidas melloren a seguridade no porto de Corcubión. Os socialistas denuncian que existe unha situación de inseguridade tanto para os mariñeiros como para as embarcacións que operan neste peirao. Así o demostra os afundimentos que hai no porto cando hai temporal, como acontecía este pasado mes de decembro co "pasamento do Hermitas, o último exemplo dunha longa lista de embarcacións que se perderon á espera de investimentos. Explicaron os socialistas que "o porto de Corcubión acolle a profesionais de Corcubión, Fisterra, Cee e Dumbría, polo tanto ten unha gran repercusión na comarca, e a falla dunha dársena con pantaláns para amarrar as embarcacións está a causar gran preocupación no sector mariñeiro pola inseguridade e o perigo que representa para eles e as súas embarcacións". Así, a moción invita a que "o Parlamento de Galicia inste o Goberno galego para que á vista da grave situación de risco que se produce no porto de Corcubión, adopte urxentemente as medidas que sexan necesarias para paliar a situación de inseguridade, e ofreza aos mariñeiros e ás súas embarcacións un refuxio fiable e adecuado".

Porto Deportivo

Proxecto do Poto Deportivo de Corcubión presentado en 2009 Os socialistas quixeron recuperar un proxecto esquecido e que foi moi polémico na vila de San Marcos, como o do porto deportivo que acollería 310 prazas. Un proxecto que o actual alcalde, Lalo Insua, quere tamén retomar aquel proxecto que fora presentado en 2009.

Resposta do PP

O Grupo Popular apoiou hoxe na Comisión de Pesca a aprobación da proposición non de lei socialista. Teresa Egerique amosou a disposición da Xunta e do PPdeG “a mellorar e adoptar medidas que melloren o abrigo do porto de Corcubión”. Neste sentido, lembrou que desde Portos de Galicia tense elaborado un estudo de axitación interior no porto, unha instrumentación para medidas de ondaxes e a análise dos datos de dita instrumentación, que supuxo un investimento de 52.000 euros. “Ata o momento, estes estudos non deron resultados concluíntes, polo que desde o Grupo Popular consideramos que Portos de Galicia debe continuar traballando na procura dunha solución técnica que permita mellorar o abrigo do porto de Corcubión”, sinalou a deputada popular.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios