O sector mariñeiro cítase co medio ambiente na FEP
Importante cita este sábado 17 de xuño, ás 17:00h na Fundación Eduardo Pondal. O sector pesqueiro afronta unha xornada de reflexión e debate sobre o lixo mariño, acodindo á chamada da Asociación Mar de Fábula. Membros da Asoar - Armega, das confrarías de Camariñas, Corme e Laxe, ou das agrupacións de mariscadoras de Camariñas e do Anllóns, compatirán mesa de debate con Álvaro Barros, de Mar de Fábula, e con Sven Schwesch, o eterno voluntario do prestige, nun debate moderado por Ubaldo Cerqueiro, responsable desta casa.
Un debate que pretende ser, segundo a intención do organizador Xosé Manuel Barros, alma e motor de Mar de Fábula, “o km.0 da reconstrución da nosa dignidade colectiva a través da limpeza e conservación da Casa Común, do noso tesouro máis prezado, a natureza e o medio mariño”.
Nesa liña, as limpezas de lixo plásticos do noso litoral que leva realizado nos últimos anos, deixan imaxes ben simbólicas: eses bastonciños que caen ao mar dende os nosos retretes (aínda que nas enquisas ninguén tiramos plásticos polo báter) ou eses paus de plástico das bateas de mexillón, que dán conta da loita que queda por facer na responsabilidade persoal e profesional.
Cifras contrastadas sinalan que un 20% de refugallos que rematan nosos areais ou boleiras proceden da industria pesqueira (posiblemente algo maior nunha zona como Galicia). Pero hai arredor dun 80% que o fai dende terra firme.
Neste sentido, o debate parte sen máis inimigos que o consumismo exacerbado desta sociedade. Un debate que nace coa intención de sumar e alcanzar novas formas de mellora da eficiencia do tratamento de refugallos no mar, na prevención, e que rematará cun manifesto común que asinarán todas as entidades.
Novas relacionadas
- 2017: Mar de Fábula e a FEP únense no II Encontro do Lixo Mariño.
- 2016: I Encontro do lixo mariño: Galicia recibe as crebas da Costa da Morte.
Artigos de Xosé Manuel Barros
- Indo á raíz dos problemas.
- Escala de cruceiros no porto de Brens. Que facer?.
- Porque fumos limpar a Punta Caghada.
- Evaristo e o Corredor de Fisterra.
- Unha verdade incómoda.
Novas relacionadas
- O lixo mariño desaparece da zona marisqueira da Basa.
- Mar de Fábula e os mariñeiros únense para limpar un coído en Camariñas
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Pequenos cambios, grandes resultados.
- 300 kg de lixo mariño que nunca volverán ao mar.
- Salvamento de lixo en Punta Caghada.
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula