Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O temporal pon en alerta vermella o mar da Costa

O temporal pon en alerta vermella o mar da Costa
Temporal de mar en Muxia Así ben o mar por Muxía Alerta vermella no 112 Parece que vén un febreiro “movidito”, como comentan os compañeiros de 4gotas. Despois duns meses de decembro e xaneiro dos máis secos en anos, febreiro vén pasado por auga.  

Vento e chuvia

E por temporais. O primeiro xa o temos enriba, pois dende esta madrugada, o 112 subiu o Nivel Laranxa por vento e a Alerta Vermella no mar. Falando de vento, durante esta madrugada Fisterra xa rexistou refachos de vento de 138 km/h, só por detrás de Lardeira. Onte en Lira xa se superaban os 100 km/h. Durante a tarde de onte VImianzo recibía nada menos que 28 l/m2, polos 23 de Lira. Durante estes días superaranse os 40.  

Ondas de 8-9 metros

Xa no mar, a Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) anuncia que a partir deste mediodía, o litorial costeiro sufrirá un episodio de Nivel Vermello, de mar combinada do W entre 8 e 9 metros. Polo de pronto, os barcos de Laxe ou Muxía xa tiveron que “emigrar” a un porto máis abrigado como o de Camariñas, mentres que xa houbo un quimiqueiro que necesitou axuda para superar o Corridor de Fisterra, facendo saltar todas as alertas a pesar de seguirmos sen protocolo de actuación ante unha catástrofe, e sen base de helicóptero de salvamento.   Porto de Laxe sen barcos O Porto de Laxe quedou, unha vez máis, sen barcos

65 incidencias na primeira madrugada

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE 112 de Galicia) rexistrou, a pasada noite, un total de 65 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa de nivel laranxa. A caída de árbores e polas nas estradas, carteis e pancartas foron as incidencias que mais se repetiron dende as 00:00 horas desta noite ata as 07:00 horas desta mañá.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios