Domingo. 31.05.2020
El tiempo

O “Tesouro” do Banco de Galicia Cemiterio do Prestige

O “Tesouro” do Banco de Galicia Cemiterio do Prestige
O afundimento do "Prestige" resultou determinante para impulsar o estudo definitivo desta área de riqueza e biodiversidade dun valor incalculable. Non hai mal que por ben non veña ou, polo menos iso di o refrán, e é o que moitas veces necesitamos crer para encher o baleiro da nosa alma tralo sentimento de impotencia, rabia e indignación ulterior a un gran desastre que sen dúbida condiciona as nosas vidas. Voluntarios colaborando limpieza de Fuel-Fuente-Armada Espanola Voluntarios colaborando limpieza de Fuel - Fonte: Armada Española A piques de cumprirse 15 anos desde aquela mañá do fatídico 13 de novembro de 2002, cando o reloxo marcaba as dúas da tarde, o Prestige un petrolero monocasco construído en 1976 segundo o convenio internacional MARPOL 73/78 por Hitachi Shipbuilding and Engineering Co. en Maizuru, Kioto (Xapón); operando baixo bandeira das Bahamas, cunha eslora de 243 m, manga de 34,4 m, calado de 14 m. e cunha capacidade total de carga de 81 589 tn, emitiu por radio o seu primeiro Mayday. Mentres deambulaba sen rumbo nin dirección pola Costa da Morte a mercé dunha mar con ondas superiores aos 7 mts de altura, albergaba nas súas bodegas unha carga de 77.000tn de fuel-oil pesado do tipo M-100. Aínda que ben é certo, que nos parece que foi onte como sempre ocorre ao tratarse dun suceso dunha magnitude e repercusión mediática tan relevante. Unha semana logo de ser remolcado, para ser afastado á máxima distancia posible das nosas costas, o 19 de novembro de 2002 crebou partíndose en dous. A parte de popa naufragou primeiro afundíndose totalmente sobre as 11:00 en posición 42º 12,6´N e 012º 03´W a 3600 metros de profundidade. 4 horas máis tarde fíxoo a proa pasadas as 15:00h da tarde en posición 42º 10,8´N e 012º 03,6´W a 3800 metros de profundidade, consumándose deste xeito o naufraxio total do pecio. Este lamentable espectáculo do que todos puidemos ser testemuñas, traduciuse como era de esperar, en modo de título daquela famosa novela do escritor Colombiano Gabriel García Márquez (1981) crónica dunha morte anunciada; deixando atrás unha marea negra que tinguiu de loito por completo toda a Costa da Morte. Banco de Galicia modelo digital del banco IEO-Plan de Investigación Cientifica de la ZEE-Ministerio de Defensa Banco de Galicia (modelo dixital do banco IEO-Plan de Investigación Cientifica de la ZEE-Ministerio de Defensa) O Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Banco de Galicia, incluído no ano 2016 pola UE entre os espazos mariños protexidos na REDE NATURA, é unha montaña infraoceánica submarina mergullada a modo de illa, un auténtico oasis que supón un tesouro en metade da nada para calquera pescador ou especie que queira beneficiarse del. Está definido por un polígono irregular de cinco lados cuxa superficie xeográfica é de 10.235,12 Km cadrados entre as latitudes 42º 15´N e 43º 18N ,e as lonxitudes 011º09´W e 012º 21´W a unhas 100 millas naúticas ao oeste de Cabo Finisterre. A súa profundidade oscila entre os 650 metros no seu punto menos profundo situado ao SE, e os 1500 m ao bordo do noiro. O descubrimento levado a cabo pola cooperativa de armadores de Vigo en permanente colaboración co Instituto de Investigacións Pesqueras, e financiado Dirección Xeral de Pesca tivo lugar en 1980. A información científica da que se dispoñía sobre as características do banco de Galicia era escasa ata que o hundimiento do "Prestige" ao SW do banco, feito que impulsou de xeito vertiginosa a realización de estudos científicos sobre a súa xeoloxía e circulación oceánica. A información da que se dispoñía ata a realización polo IEO (Instituto Español de Oceanografía) do proxecto ECOMARG e das campañas de investigación no ámbito do proxecto LIFE INDEMARES, era escasa. Debido á ubicación e morfoloxía do banco de Galicia, está composto por especies de moi diferente afinidade bioxeográfica, puidéndose considerar un “punto quente” (hotspot) de biodiversidade. Unha tese realizada polo biólogo Rafael Bañón da Universidade de Vigo, baseada en datos solicitados durante campañas realizadas entre 1980 e 2011, revela a existencia constatada de 140 especies de peixes e unhas 60 familias diferentes deles. Nesta área están presentes numerosas especies de cetáceos que se atopan ameazadas a nivel nacional e internacional, obxecto dunha estrita protección. A zona presenta unha gran biodiversidade mariña e un alto interese ecolóxico, contribuíndo ao mantemento da diversidad biolóxica nas nosas augas. A súa lonxanía da costa fai que a presión pesqueira sobre este espazo mariño sexa prácticamente nula, esta actividade resulta case “testimonial”. A gran distancia á que se atopa da costa non fai rendible a pesca comercial, pois simplemente o desprazamento en buque á zona supón entre 20 e 24 horas de tránsito supoñendo que partimos do punto máis próximo a el, case un día sen faenar, unido á normativa de 2002 que prohibe faenar os fins de semana. Calcúlase que o 70% do petróleo consumido en Europa pasa polas nosas augas, sendo utilizada esta ruta por uns 15.000 buques con mercancías perigosas. O intenso tráfico marítimo na zona unido ás extraordinariamente duras condicións do mar na zona fai evidente un rego de accidentes marítimos elevado. Nos últimos 30 anos producíronse ata 4 accidentes de petroleros (Polycomander, Urquiola, Aegean Sexa, Andros Patria e Prestige) que derramaron máis de 260.000 toneladas de cru, e outros 2 que transportaban mercancías perigosas, produtos químicos ou insecticidas (Erkowtz e Cason). As augas da nosa comunidade autónoma son as que sufriron un maior número de incidentes deste tipo, tendo ocorrido nas súas augas un 29% do total dos ocorridos en augas españolas. O pecio do petrolero "Prestige" xace nas estribacións SO do fondo desta área, nunha situación estable desde a súa naufraxio en novembro de 2002. O seu afundimento supuxo de xeito inequívoco para o banco de Galicia, o factor determinante para o seu estudo definitivo e posterior conservación.
  • Vicente Jesús Bernal Tortosa, apaixoado da historia e da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Outros artigos de Vicente Jesús Bernal Tortosa

Máis novas de historia

Castelo do Príncipe

Fonte

comentarios