Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rescatan aos dez tripulantes dun pesqueiro afundido en Malpica

Rescatan aos dez tripulantes dun pesqueiro afundido en Malpica
sempre urdagui malpica Dous buzos inspeccionaron o Sempre Urdagui que se atopa afundido a uns 16 metros de profundidade nas inmediacións do porto de Malpica A pasada madrugada afundíase nas inmediacións do porto de Malpica o pesqueiro "Sempre Urdegui", un barco de 20 metros de eslora, con dez tripulantes que foron rescatados por outra embarcación. Todos se atopan en bo estado, aínda que dous deles tiveron que recibir asistencia. Un presentaba síntomas de hipotermia e un golpe nunha man. Foi trasladado ao PAC de Ponteceso. O outro ferido é o patrón da embarcación, que recibiu un golpe na testa. Aínda que recibiu asistencia sanitaria, non tivo que ser evacuado. Segundo se lle indicou ao 112, a embarcación tocou nun baixo do porto e acabou afundindo case por completo. Os tripulantes do pesqueiro apenas tiveron tempo para abandonar a embarcación nunha balsa salvavidas. Foron rescatados por outro barco, o Anzol, que se encargou de trasladalos a porto. O 112 Galicia recibía unha alerta de Salvamento Marítimo minutos antes das 2:00 horas da pasada madrugada. Decontado, o persoal do centro de atención ás Emerxencias puxo en marcha un operativo de rescate. Informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Urxencias Médicas, ao GES de Ponteceso e a Protección Civil. O naufraxio tamén foi posto en coñecemento da Garda Civil. Salvamento Marítimo mobilizou á zona un helicóptero e dúas embarcacións. No dispositivo tamén participaron varios efectivos de Protección Civil e unha patrulla da Garda Civil. Na zona do naufraxio quedaron a flote numerosos cabos, redes e caixas. Os efectivos de emerxencia mobilizados encargáronse xa de retiralos. Segundo se lle indicou ao 112, no punto detectouse tamén unha vertedura de gasóleo procedente do pesqueiro afundido. Esta mañá vaise enviar unha embarcación á zona do afundimento para avaliar a situación. Reflote sempre-urdagui No pesqueiro ían dez tripulantes que foron rescatados por outra embarcación Esta mañá, dous buzos da base estratéxica de Salvamento Marítimo en Fene fixeron unha inmersión para evaluar o estado do pesqueiro afundido, que se atopa a uns 16 metros de profundidade. Os armadores contrataron unha empresa para tratar de reflotalo e está previsto que as operacións se comecen esta mesma tarde. Fonte

Comentarios