Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Salvamento de lixo en Punta Caghada

Salvamento de lixo en Punta Caghada
Voluntarios de Mar de Fabula recuperando lixo marino en Punta Caghada Voluntarios de Mar de Fabula recuperando lixo mariño en Punta Caghada

Menuda operación de “salvamento de lixo” a que tiveron que realizar os membros de Mar de Fábula o pasado xoves. Nunha maniobra feita con bisturí meteorolóxico entre borrascas, e a bordo da ghamela de Santa Mariña con Berto, o seu bravo patrón a bordo, os membros de Mar de Fábula recolleron unha marea de lixo mariño da zona da Punta Caghada, en Camariñas.

A Punta Caghada do cabo Veo pasa por ser un dos lugares máis inhóspitos e perigosos da nosa Costa da Morte. Deste xeito, o lixo lévase acumulando alí durante anos. Así o comprobou o bo de Berto, axudado de Xosé Manuel Barros, o mítico voluntario do Prestige Sven, o mariñeiro de Camelle Marcelino e outros compañeiros nesta batalla contra o lixo mariño. Entre todos recuperaron o o primeiro lote de sacos con lixo plástico que, dende hai un mes e ao abrigo dos sudoestes, esperaba a ser embarcado e levado ao punto limpo.

Unha vez coa carga completa, a ghamela partiu rumbo ao porto de Santa Mariña. Media hora depois, chegaba de volta baixo unha orballada escura e cunha mar cada vez máis alterada. Así, varias viaxes ata deixar estibaos na parede do dique do porto de Santa Mariña, os 55 sacos de lixo plástico e granel. “Unha contaminación que nunca volverá ao mar”.

Na última parte desta longa operación de limpeza, unha camioneta do concello de Camariñas foi na mañá do sábado a cargar os sacos para transportalos á granxa de Arou. Alí, finalmente, faremos a clasificación e selección do lixo nos contenedores verdes e amarelos, situados á nosa disposición polo concello.

O traballo de limpeza de Punta Caghada, que comenzou o 21 de xaneiro, ten sido o máis complexo dos que Mar de Fábula ten feito até agora.
O mar sigue ao seu, cos seus temporais de inverno pero tamén está contento. Dende o meu observatorio aquí, no alto de Camelle, escoito como brúa na Punta do Cabesso e vexo o seu manto branco rompendo con forza na area de Traba.

Canto lle ten que agradecer o mar, e os que vivimos nel, aos membros de Mar de Fábula!

Voluntarios de Mar de Fabula recuperando lixo marino en Punta Caghada Voluntarios de Mar de Fabula recuperando lixo marino en Punta Caghada Voluntarios de Mar de Fabula recuperando lixo marino en Punta Caghada 55 sacos de lixo xa están no porto de Santa Mariña 55 sacos de lixo xa están no porto de Santa Mariña

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios