Sementando nos nosos pequenos unha mensaxe de sensibilidade, respecto e amor pola nosa natureza
A do pasado luns si que foi unha xornada práctica de “Coñecemento do Medio” para os 108 alumnos de infantil e primaria do CEIP de Zas que participaron na Xornada de educación ambiental “Montes e mar” organizada polo Distrito Forestal V Fisterra da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia coa colaboración de Xosé Manuel Barros, a alma e a forza da activa entidade Mar de Fábula.
Menuda sesión se pegaron de paisaxe de montes e mar, baixo un ceo acolledor que convertía a singular vila de Santa Mariña, en Camariñas, nun escenario ideal para sementar no corazón dos máis pequenos, das futuras xeracións de galegos, unha mensaxe de sensibilidade, respeto e amor pola nosa natureza.
A xornada comezaba cos pequenos de infantil coñecendo o valor das árbores, para o que puideron sementar landras de carballo nos recipientes aportados por cada alumno, nun substrato preparado a tal fin.
Ao mesmo tempo, nunha acción ambiental máis complexa, aplicando a lei de incendios para o afastamento de especies pirófitas a máis de 30 metros a contar dende a liña do límite do núcleo rural, procedeuse, nesta faixa, á instalación de especies caducifolias coa participación dos alumnos de primaria e, de acordo sempre, coas normas que marca a lei.
Sobre o mediodía, dende o peirao de Santa Mariña, podíase divisar ao lonxe unha fermosa ringleira de nenos, baixando dende o alto, serpeando pola estrada abaixo. “Escoitábanse voces e vida. Era como ver de novo aquela película O albergue da sexta felicidade”, cóntanos o propio Barros coa ilusión que sempre desprende.
Xose Manuel Barros ensinando aos rapaces Criaturas Caóticas de Mar de FábulaNa area, arredor dos animais de plástico recén saídos do fondo do Atlántico, Mar de Fábula contoulle aos nenos a fábula das criaturas caóticas. Nunha linguaxe axustada á súa idade, Barros explicoulles a importancia de coidar o mar, de non deixar nada na area cando van á praia, de non contaminalo. Contoulles que aquel mar que xontemplaban e a súa ribeira, tiñan que ser unha parte importante do seu futuro.
Ao remate das actividades, os autobuses trasladáronos á area recreativa do Ariño onde disfrutaron dun xantar ao aire libre, á sombra dun día de sol que quixo tamén aportar o seu.
Todo para pechar unha auténtica sesión práctica de amor pola nosa contorna.
Novas relacionadas
- Hoxe, a península de Touriñán adéntrase un pouco máis limpa no mar.
- Salvamento de lixo en Punta Caghada:
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Pequenos cambios, grandes resultados.
- Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula