Luns. 10.08.2020
El tiempo

Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas)

Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas)
O temporal obriga as subir as embarcacions auxiliares a terra en Laxe O temporal obriga as subir as embarcacións auxiliares do porto de Laxe a terra

Cada vez que as previsións meteorolóxicas avisan dun temporal de mar, vívese a mesma situación no porto de Laxe. Todos os barcos a terra. A eterna parálise á solución ao porto laxense segue facéndose esperar, e mentres discuten os políticos, os mariñeiros seguen tendo que parar a súa actividade.

A situación de alerta que indica Meteogalicia establece que este mércores toda a costa galega e municipios próximos ata uns 30km terra adentro estará en alerta amarela. Máis grave se mira o xoves, cando toda Galicia quedará baixo alerta amarela e costa en alerta vermella por mar arbolada, mar de fondo, ventos de compoñente sur de forza 7 e choiva intensa durante 12 horas.

O temporal obriga as subir as embarcacions auxiliares a terra en Laxe 2

Deste xeito, o anuncio do primeiro gran temporal do ano nas costas galegas puxo, como ven sendo habitual neste casos, en máxima alerta os armadores da Confraría de Laxe, que unha vez máis abandonaron o seu porto pola falla de seguridade e para evitar afundimentos de embarcacións como os producidos en situacións similares.

A última hora da tarde de hoxe prácticamente o 100% das embarcacións xa abandonaran Laxe en busca de portos refuxio, na súa maioría o de Camariñas, mentras as auxiliares e de marisqueo xa estaban en terra.

Así o denuncia a a Deputada Socialista no Parlamento Galego, Loli Toja, veciña ademais da localidade, que cancelou diversos compromisos adquiridos con anterioridade para seguila situación e recabar toda a información necesaria para trasladar as iniciativas parlamentarias pertinentes.

Sen apenas barcos queda o porto de Laxe para recibir este primeiro temporal do ano Sen apenas barcos queda o porto de Laxe para recibir este primeiro temporal do ano  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios