Un mar de poesía fotográfica na Galería Stoupa
A Galería Stoupa acolleu este pasado venres unha nova presentación. É Xosé Iglesias o protagonista da nova mostra “Movementos ó sur do mar de María Antonia”, que estará durante todo o mes de xullo na galería ceesa.
Medio centenar de persoas quixeron acompañar ao autor durante todo o evento, que comezou as 19h. Durante dúas horas os afortunados poideron non só contemplar as fermosas e salvaxes fotografías de Iglesias senón que ademais asistiron a una experiencia única por esta zona da Costa da Morte, ao desfrutar en vivo e en directo da actuación estelar da versátil pianista Cristina Rodríguez, cuxa actuación deixou impresionados a todos os asistentes.
Iglesias explicou o singular nome da súa mostra relata a vida de María Antonia, unha coruñesa que rexentou durante moitos anos un ultramarinos na calle Juan Flórez e que abastecía de víveres aos mariñeiros que traballaban pola costa galega e aos que ían cara o Gran Sol ou a costa africana.
As fotografías foron tomadas arredor da maxestuosa Torre de Hércules (situada no mar de María Antonia) e nelas mistúranse a bravura do mar, a destreza na pesca das gaivotas ou o traballo dos mariñeiros.
Stoupa segue afianzando os eventos culturais difundindo a arte e artesanía da Costa da Morte entre os veciños da comarca, logrando que pouco a pouco a xente comece a descubrir e a desfrutar da arte da nosa costa en actos dinámicos e orixinais. Ademais, Stoupa xestiona a tendaQPC que ofrece unha marea de artesanía costeira a só un click.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-nova-tendaqpc-unha-fiestra-aberta-da-artesania-e-a-cultura-costeira-a-toda-a-peninsula/ https://quepasanacosta.gal/stoupa-volve-a-triunfar-a-golpe-de-arte-e-vermu/Creadores da Costa da Morte en Stoupa
- As mariscadoras de Fernando Rei faenan en Stoupa.
- As sesións vermús xa non só son a golpe de pasodoble.
- Stoupa, o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte.
- Stoupa envólvese de feminidade ca arte xapo-muxiá de Yano Yoro.
- O muradán Roque Rey enche de cor Stoupa coa súa mostra “A Praia”.
- Os barquiños de Mimadriña xa navegan por Stoupa.
- Nando Lestón expón as súas creacións en Stoupa.
- Marcos Rodríguez expón as súas fotografías premiadas en Stoupa
- Este Nadal, regala Stoupidos de arte da Costa da Morte.
- 12 meses facendo estoupar a arte da Costa da Morte
- Xoanxo Cespón trae a súa visión “Costa da Morte” a súa casa.
- As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón a súa colección de roupa en Stoupa.
- A arte de Viki Rivadulla está que Stoupa.
- Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte
- Un estoupido de cultura para a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Stoupa.