Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha finde de castelos de area, verbena e mar en Malpica

Unha finde de castelos de area, verbena e mar en Malpica
Castelos de Area de Malpica Castelos de Area gañadores do Concurso de Malpica

Menuda fin de semana que viviu Malpica. A verdade é que vai un mes de agosto sen parada, comezando pola Mostra de Olería, pasando pola Festa Galega e pechando ciclo coas míticas Festas do Mar. Unhas festas que consolidaron a vila mariñeira como unha das principais referencias turísticas da Costa da Morte.

Unhas Festas que comezaban o venres co tradicional (xa van 17 anos) Concurso de Barcanas e Castelos de Area. Ateigada estaba a praia de Area Maior de Malpica para esta singular cita na que participaron máis de cen persoas repartidas nun total de 17 grupos que fixeron 17 figuras.

O primeiro premio foi para os castelazos da Costa máxica de Malpica, que galou por diante da Balea e o #Arroarte. O Premio á mellor barcana foi para O marítimo; o premio do público para A barcana dos Inchopic e o infantil para as Tartarugas na area.

Polas noites foi tempo das verbenas, como a que liou El Combo na noite do sábado... Malpica quedou pequena, e as ringleiras de coches e a multitude de visitantes obrigaron a establecer medidas especiais de vixilancia.

Verbena de El Combo en Malpica Menuda a que liou El Combo en Malpica

Homenaxe á mar

Procesion marítima en Malpica polas Festas do Mar Procesión marítima en Malpica polas Festas do Mar

Unha das citas máis singulares das Festas do Mar é esa procesión marítima típica do Carme. Ducias de barcos vestíronse de gala para un dos tesouros etnográfgicos da nosa bisbarra.

O tempo respectou, agás por unhas pingueiras de choiva, a procesión marítima. A Virxe do Carme viaxou a bordo do “Ladrón de Bagdag” na súa travesía anual, na que estivo acompañada por decenas de embarcacións do noso porto. E, pola noite, a gran sesión de fogos puxo o broche a unha fin de semana redonda.

Procesion maritima das Festas do Mar de Malpica 1

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios