Xornadas de Pesca do Pindo: O mar son Feitos

08:15 13/06/18

Programa completo
Venres día 29 de xuño
17:00 a 17:30 Recollida de credenciais e material. 17:30 a 17:45 Inauguración das xornadas. Presentación das xornadas por parte da secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo, M.ª Mercedes Díaz Mayán. 17:45 a 18:00 Entrega de diplomas ás/ós nenas/os que participaron nas actividades semanais. Entrega do premio aos/ás gañadores/as do concurso literario. 18:00 a 18:45 "Presentación do libro Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García". Edición literaria de Miro Villar. 18:45 a 19:30 “A experiencia do noso mar na narrativa galega: Alma e o mar”. Francisco Fernández Naval. 19:30 a 20:15 “Costa da Morte: soños, naufraxios e lendas prestadas”. Rafael Lema. Degustación de produtos típicos da nosa costa acompañados de música da terra. Receitas tradicionais, nas que se integran novos recursos. A recollida e elaboración lévase a cabo polos propios socios e socias (mexillóns, lapas, caramuxas, berberechos, robalo, algas, polbo...). Sábado día 30 de xuño 10:30 - 11:15 “A vida dun lobo de mar. Historias. Vivencias”. Juan Patín, “O Pecas”. 11:15 - 12:00 “A experiencia: un mundo”. Andrés Santiago Domínguez Beiro. 12:00 – 12:30 Pausa-café. 12:30 – 13:15 “Novas iniciativas: un futuro con mulleres”. Alicia Carrillo Lago (Buceo Finisterre). 13:15 – 14:00 Debate coas persoas participantes das charlas (Modera Lino Lema). 17:30 - 18:15 “O regreso das fillas de Ith: os lobos mariños de Galicia”. Alfredo López. 18:15 - 19:00 “Mariscadoras e campesiñas na historia de Galicia”. M.ª Concepción Sande Noya. 19:00 – 20:30 O mar na literatura (Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Suso Bahamonde, Miro Villar, Alexandre Nerium, Xaime Trillo...) Sardiñada, conxuro da queimada e actuación musical representativa da cultura galega. Domingo día 1 de xullo 10:30 - 11:15 “As algas: un novo produto na alimentación”. Tino Otero (Porto-Muíños). 11:15 - 12:00 “Pratos innovadores con productos do noso mar”. Javier Lado Martín. 12:00 – 12:30 Pausa-café 12:30 - 13:45 "Novos consumidores, novas responsabilidades, no consumo e na produción". Convivium Slow Food Galicia Litoral "Xantar de vagar". María Traveso e M. Carmen Sánchez.“Galuriña. 13:45 - 14:00 Clausura. Representante da Deputación da Coruña. A Confraría de Pescadores de O Pindo conta coa colaboracíón da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Carnota, Galp4, A Banca, Portomuíños, Adibismur, Prodemar, Lonxa de Lira.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-xornadas-de-pesca-do-pindo-lembraron-aos-carpinteiros-de-ribeira/- Xornadas 2017: As Xornadas de Pesca do Pindo lembraron aos carpinteiros de Ribeira.
- Xornadas 2016: Xornadas de Pesca: O Pindo segue medrando sen deixar de ollar o mar
- Xornadas 2015: 10 anos seguindo a remar dende o Pindo.
- Unha visita escolar ao mar do Pindo.
- Xornadas 2013: O Pindo botou outra ollada ao seu mar cunhas doces e poéticas Xornadas.
- Xornadas 2012: O mar fundiuse de recordos nas Xornadas de Pesca do Pindo.
- Xornadas 2011: O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).