Xoves. 18.04.2024
El tiempo

1.000 Bolos do Pote para manter viva unha festa secular

As Amas de Casa de mazaricos preparando os Bolos do Pote
As Amas de Casa de Mazaricos preparando os Bolos do Pote
1.000 Bolos do Pote para manter viva unha festa secular

Centos de persoas disfrutaron esta fin de semana dunha das citas gastronómicas máis singulares da comarca. A XXII Festa do Bolo do Pote arrincaba ademais dun xeito inmellorable, ca entrada do maxestuoso Exército dos Panos facendo o seu derradeiro desfile destre entroido polas rúas da Picota. Xa na praza os entruideiros de Arcos fixeron as súas bromas, a súa música e os seus bailes tradicionais.

O Exercito dos Panos na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos

Mentres na Carpa as Amas de Casa, despois de prepararlle o bolo do pote para o Caldo de Gloria á Casa de Rosalía e a Asociación Veciñal Monte Picoto, tiñan todo listo para comezar a servir as máis de 2.000 racións deste manxar tradicional que se acabaron consumindo.

Así, a degustación convertiuse nunha auténtica peregrinación para conseguir o prato do tesouro. A presidenta da Asociación Amas de Casa-El Hórreo destacou o número de racións “cocemos 1000 bolos e practicamente rematamos as existencias”. “A importancia do bolo do pote é, ademais do que aporta ao Concello, a recuperación dun prato tradicional que estaba perdido”, concluíu.

Pola súa parte, o alcalde, Juan José Blanco mostrouse “satisfeito” pois, “pese ás malas prediccións meteorolóxicas volveuse encher a carpa”. O rexedor quixo subliñar o “traballo do asociacionismo e os hostaleiros que manteñen con vida e futuro esta celebración”.

Porque intrínseca desta festa xa son os hostaleiros, que durante toda a fin de semana serven os seus menús especiais da ocasión. Opresidente da Asociación de Hostaleiros, Jorje Jurjo, destacou a “boa nova que supuxo que, nesta edición se sumasen por primeira vez locais de fóra da Picota” e tamén o “alto número de reservas nos locais”.

Carpa do Bolo do Pote cheaA Asociación Veciñal Monte Picoto e as Amas de Casa de Mazaricos armando a Festa do Bolo do Pote 2020Festa do Bolo do Pote de Mazaricos para toda a familia

Novas relacionadas

Comentarios