Sábado. 28.03.2020
El tiempo

Mazaricos, do Cocido de Rosalía á festa do Bolo do Pote

  •  Locais de fóra da Picota súmanse por primeira vez á festa
A Asociacion de Amas da Casa de Mazaricos as grandes protagonistas da Festa do Bolo do Pote
A Asociacion de Amas da Casa de Mazaricos as grandes protagonistas da Festa do Bolo do Pote
Mazaricos, do Cocido de Rosalía á festa do Bolo do Pote

Este pasado luns 24 de febreiro, Mazaricos volveu ser protagonista a nivel galego na celebración do Día de Rosalía. Maruja, Maristher e Laura, en nome de todas as As Amas de Casa, volveron elaborar o Bolo do Porte para metelo no tradicional Caldo de Gloria, un dos momentos máis singulares da tradición cultural e gastronómica de todo o país.

As Amas de Casa preparon ese prato con base fariña de millo e centeo, con anacos de touciño, febra ou chourizo que forman o rustrido que dá sabor á masa. Unha masa que se coce no caldo, e se serve no propio caldo, en compañía de Rosalía, ou acompañado de chourizo, lacón, orella ou calquera carne de porco, na tradicional festa mazaricá.

Caldo de Gloria do Bolo de Pote de Mazaricos na Casa de Rosalia
O Bolo do Pote no Caldo de Gloria da Casa de Rosalía foi realizado por Maruja, Maristher e Laura

Así. sen tempo a descansar, as Amas de Casa xa prenderon os fogóns para a XXII Festa do Bolo do Pote. Unha cita que se celebra os sábado 29 de febreiro e domingo 1 de marzo, que serve de cumio ao proxecto de posta en valor da gastronomía mazaricá que xa comezaba en Fitur e no Xantar.

Novos locais

Coma sempre, unha parte da festa, a dominical, celébrase na carpa, pero outra faise nos establecimentos hostaleiros da zona, que serven menús especiais (bolos do pote, cocido de grelos, postre, viño e café) durante a fin de semana.

Este ano participarán once locais hostaleiros, nove deles para xantares, Verxel, Efe-Eme, Casa Jurjo, Vinculeiro, Alborada, Manduca, Virxe da O, Campamento Corzón e Barallas, e dous para degustación, O Pallote e Casa Senra. Ademais de sumar un bo número, a novidade é que, por primeira vez, participan locais de fóra da Picota, en concreto de Pino de Val, Busto e Quintáns, ambos en Corzón.

O domingo será a degustación de balde na carpa, onde está previsto servir preto de dúas mil racións de bolo do pote. Haberá música para amenizar e, se o tempo o permite, inchables para as e os máis pequenos. As persoas que vaian á degustación tamén poderán ver o derradeiro desfile deste Entruido do Exército dos Panos comandado polos entruideiros de Arcos.

XXII Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2020

comentarios