Venres. 29.03.2024
El tiempo

1.000 km de pistas desbrozadas en Mazaricos

Tractor desbrozadora
1.000 km de pistas desbrozadas en Mazaricos

O Concello de Mazaricos está a levar a cabo labores de roza no municipio durante os meses de verán. Para esta tarefa conta cun reforzo de oito persoas contratados a través dos fondos Plan Reactiva da Deputación da Coruña. Cinco destas persoas levan a cabo a roza de forma manual, apoiando as tres máquinas actualmente en funcionamento.

Por outra banda, xa foron adxudicados os contratos de roza que entrarán en breve en funcionamento. Estes contratos adxudicáronse a empresas locais a través de concurso. Os seus labores comezarán a partir da semana que vén. Os traballos cubrirán aproximadamente 1.000 km de camiños e a totalidade dos núcleos de poboación.

Comentarios