Venres. 19.04.2024
El tiempo

50 anos da pioneira cooperativa gandeira Grille de Mazaricos

50 anos da pioneira cooperativa gandeira Grille de Mazaricos
Xan Ramos durante o acto dos 50 anos da Cooperativa Grille 50 anos da Cooperativa de Grille-Mazaricos

Hoxe, luns 26 de febreiro de 2018, a comunmente coñecida por Cooperativa de Grille (Grille Sociedade Cooperativa Galega), cumpre 50 anos. E para celebralo organizou un evento de portas abertas. Comezaban no ano 68 mercando 22 vacas a través de Larsa, e hoxe muxen 300 vacas diarias, dando traballo a 10 persoas, a meirande parte, socios da Cooperativa.

A de Grille é un deses exemplos de como se forxou o sector leiteiro galego a mediados do século pasado. Xa a comezos de século existían estas cooperativas, pero as guerras fixeron o seu para que tivese que ser a comezos dos anos 50 cando renacesen esta cooperativas, primordialmente para dar saída ás pequenas producións familiares de carne e leite. Nos anos 60, co despegamento económico estatal, o rural comezou a cobrar importancia e impulsados por "Axentes de extensión Agraria" e algúns elementos do clero, nos nos anos 60 tivo un gran impulso a constitución das cooperativas. No ano 1976 contabilizábanse en Galicia 56 "Cooperativas de Explotación en Común da Terra”.

Daque xa levaba a Coooperativa de Grille 8 anos traballando. Unha iniciativa levada adiante por 9 pequenos labradores, con moi poucas terras e só 4 ou 5 vacas, que decidiron xuntar as súas terras e montar un cooperativa de explotación comunitaria, para evitar ter que emigrar e deixar as súas familias. Pasábase así da economía de substistencia vinculada á agricultura a crear unha estrutura económmica, mantendo vivo un modo de vida.

Foi no mes de febreiro de 1968, o día 26, cando se aprobaban oficialmente os estatutos da "Cooperativa de Explotación Comunitaria del Campo S. Cosme de Antes". Na zona xa había algúns principios de asociacionismo: varios dos promotores da cooperativa, xa tiñan en común un taller de carpintería e de feito algún tiña que manter eses traballos para completar o xornal. Xa había un tractor agrícola (o primeiro da parroquia) comprado a medias por dous dos futuros socios da granxa.

Comezaron con 22 vacas que mercaron a través de Larsa. Pouco despois os propos cooperativistas viaxaron a Holanda e trouxeron un barco cargado con 50 vacas frisonas, gracias á colaboración do goberno. No ano 1974 vendían arredor de 1.100 litros (o prezo era sobre 11 pts), lonxe dos 4,5 millóns de litros de leite anuais actuais.

Así, a Cooperativa de Grille, ao longo dos seus 50 anos de historia, consegueu tres obxectivos importantes:
- Evitou a emigración de veciños da aldea;
- Posibilitou o acceso á formación dos fillos dos socios;
- Foi a semente para outros proxectos cooperativos vixentes.

Hoxe en día, Grille Sociedade Cooperativa Galega, traballa 140 Has de terreo, muxe 300 vacas diarias, ten unha produción de 4,5 millóns de litros de leite ao ano e dalle traballo a 10 persoas, moitos deles socios á súa vez.

A historia da Cooperativa en prensa e imaxes

Fotos historicas da Cooperativa de Grille de Mazaricos Cooperativa de grille_el_ideal_gallego no 1969 2 Recorte de El Ideal Gallego de 1969

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios