mércores. 22.10.2025
El tiempo

Mazaricos acollerá a obra "Cousas" de Castelao nunha homenaxe polo 75 aniversario do seu pasamento

Cousas de Quinquillans
Mazaricos acollerá a obra "Cousas" de Castelao nunha homenaxe polo 75 aniversario do seu pasamento

O Concello de Mazaricos organiza unha homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no 75 aniversario do seu pasamento coa posta en escena da obra "Cousas", a cargo do grupo de teatro Os Quiquilláns. A función terá lugar o domingo 26 de outubro ás 17:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura da Picota.

A obra, baseada no libro homónimo do autor galego, recrea varias das súas historias máis persoais, cargadas de sensibilidade e amor pola xente e a terra de Galicia. A iniciativa busca achegar a figura de Castelao a todos os públicos, dende os máis novos ata os máis
maiores, a través dunha das súas creacións literarias máis emblemáticas.

Programación educativa

Ademais da función aberta ao público xeral, o luns 27 de outubro ás 16:15 horas celebrarase unha sesión especial dirixida ao alumnado da ESO do CPI da Picota.

"Queremos que os máis novos coñezan e valoren a figura de Castelao dende unha perspectiva próxima e emotiva, e que entenden a súa relevancia na nosa cultura", sinalou o técnico de cultura, Jesús Jurjo.

Comentarios