Luns. 05.12.2022
El tiempo

7 locais participarán na Ruta de Tapas da Semana Gandeira de Mazaricos

RUTA DAS TAPAS MAZARICOS 2022
7 locais participarán na Ruta de Tapas da Semana Gandeira de Mazaricos

O sábado 3 de decembro temos cita obrigatoria en Mazaricos. 7 locais participarán na Ruta de Tapas, unha nova iniciativa municipal para promover os sabores locais e darlle un impulsto á hostalería. Todo, no marco da Semana Gandeira, para reforzar a oferta de lecer para as persoas que se acheguen a Mazaricos durante a fin de semana.

O restaurante EFE-EME, Casa Jurjo, a Pizzería Pinocchio, o Asador Manduca, Casa Senra, Casa Pego e o Hotel Rústico Santa Eulalia, realizarán unhas tapas orixinais e traballadas, que estarán a prezo de 2,5 €.

O público poderá avaliar a grazas a un sistema de voto a través de credencial cuñada. As persoas que voten as súas tapas favoritas entrarán no sorteo dunha cea por valor de 80 euros nun dos establecementos da ruta. O establecemento coa tapa máis votada recibirá un diploma acreditativo.

O concelleiro de Promoción Económica de Mazaricos, Jorge Sanmartín Rial, agradeceu a todos os locais participantes a súa implicación e convidou a todas as persoas amantes da boa gastronomía a vir descubrir as tapas mazaricás. O edil engadiu que esta actividade supón “un novo impulso á hostalería local” que reafirma “o compromiso do Concello co noso tecido económico durante e despois da crise económica causada pola pandemia”.

comentarios