Martes. 23.04.2024
El tiempo

A actualización do catastro preocupa aos propietarios de Mazaricos

A actualización do catastro preocupa aos propietarios de Mazaricos
Unha técnica do Catastro, dependente do Ministerio de Facenda, percorrerá nas vindeiras semanas o Concello de Mazaricos, para tomar nota das modificacións. De feito, as casas de Mazaricos están a recibir as cartas de actualización do Catastro. Unha circunstancia que preocupa no seu da veciñanza, e para paliar os seus posibles efectos, o Concello desenvolverá medidas. Con total probabilidade, e como avisa o alcalde, Juan José Blanco Riveiro, “esta revisión vai implicar un novo prexuízo para os gandeiros do municipio”. En todo caso, e en previsión disto, desde o Concello xa están a estudar únha reducción ás explotacións agrícolas para paliar a suba do IBI. Por outra banda, vaise habilitar nas dependencias municipais un punto de información para que as persoas leven as cartas que reciban e leven a cabo revisións e presenten alegacións. Dito punto de información funcionará de luns a xoves en horario de oficina (09.00h a 12.00h) durante aproximadamente un mes.

Comentarios