Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A cultura e os animais, na esencia de MZ

A cultura e os animais, na esencia de MZ

Espectacular a campaña a Esencia de Mazaricos que está a desenvolver a brava xente de Eu Son Mazaricos. Unha campaña sinceira, noble e verdadeira, que destapa esa marabilla que é Mazaricos e o seu pobo.

Tras unha primeira parte esencial, chega a segunda parte, que focaliza a atención nos animais que conviven nas terras mazaricás. “Tratamos ás mascotas como familia, e o gando como mascotas”, apunta Jessica nunha demostración que o coidado dos animais nas aldeas non necesita o selo de ecolóxico, pois xa o leva por natureza.

Non perdades segundo, que cada un ten o seu valor. Que se os ovos das galiñas da casa, que se os porcos, as cabras, as ovellas, os ghatos, os cans… como non podía ser doutro xeito, a vaca, a gran protagonista.

Escoitade as sabedoras palabras, e o falar, de Mari Carmen Rey, veciña de Chacín, un tesouro en si mesmo:

 

A Cultura

Os sombreiros de Inés, o bolo do pote de Ángela, as filloas da Lola, ou as palabras de Suso Jurjo, ademais das expresións máis singulares da zona mazaricá. Estrouto vídeo tamén é unha xoia audiovisual:

 

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios