![presa-embalse-fervenza]()
No pasado mes de xaneiro o embalse da Fervenza rondaba o 24% da súa ocupación
Os efímeros orballos destes días non foron suficientes para frear a perda de auga que están sufrindo os encoros galegos. Concretamente o da
Fervenza - situado entre os municipios de Mazaricos, Vimianzo, Dumbría e Zas - ronda o 62% da súa capacidade. Pasou de albergar 70,65 hectómetros cúbicos o mes pasado aos 63,11 desta semana. Así se desprenden dos datos facilitados por Augas de Galicia.
A situación era ben diferente no mismo periodo do ano pasado. Así,
a 11 de xullo de 2016 o embalse da Fervenza estaba ao 90% da súa ocupación cun total de 89,03 hectómetros cúbicos de auga encorados.
Sequía de xaneiro
As cifras distan moito da
sequía do pasado mes de xaneiro, momento no que o encoro da Fervenza estaba case ao 24% da súa ocupación cun total de 23,30 hectómetros de cúbicos de auga. Os pobos afogados pola dictadura de Franco (Os Vaos, Castrelón, O Ribeiro de Arriba, O Ribeiro de Abaixo, As Abeleiras, O Pego ...) recobraron vida durante o mes de xaneiro coas visitas dos veciños e veciñas da contorna que acudían na procura das aldeas agochadas. Mais
o tempo e o saqueo, arrastrouno todo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Augas de Galicia