A gardería de Mazaricos abrirá a finais de ano, a de Carnota a finais de verán e a de Muros licitarase en breve
E marcha unha nova gardería na bisbarra. Mazaricos acollerá unha nova escola infantil, que abrirá no último trimestre deste ano. Así o anunciaba onte o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que adxudicaba a obra de instalación dun ascensor e acondicionamento do inmoble, o antigo centro de saúde.
A obra foi adxudicada por importe de 198.240 euros e ten un prazo de execución de catro meses, polo que o novo centro infantil entrará en funcionamento no último trimestre deste ano.
A de Carnota a piques de abrir e en Muros de adxudicar
Ademáis deste novo centro infantil, a planificación do Consorcio inclúe tamén a apertura despois do verán doutra nova escola infantil en Carnota, de 41 prazas, e estanse iniciando os trámites para licitar nos próximos meses a obra dunha nova escola infantil no Concello de Muros.
Novas relacionadas
- A comarca de Bergantiños conta xa con 328 prazas de escola infantil.
- A folga do ensino déixase notar nos centros da Costa da Morte.
- Mazaricos acollerá un centro de difusión medioambiental do Dolmen de Parxubeira.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.