Venres. 13.12.2019
El tiempo

Mazaricos acollerá un centro de difusión medioambiental do Dolmen de Parxubeira

Mazaricos acollerá un centro de difusión medioambiental do Dolmen de Parxubeira

Xa está en marcha a construción o centro de difusión medioambiental e interpretación do dolmen de Parxubeira. Así o deixaron claro onte a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde de Mazaricos, José Manuel Santos, que asinaron o documento de conformidade para a concesión da subvención para acometer diversos traballos de carácter medioambiental e de mellora do entorno.

Por unha banda, o proxecto consistiu na construción dun edificio para albergar o centro de difusión medioambiental e interpretación do dolmen de Parxubeira. As obras leváronse a cabo nunha parcela de 16.568 metros cadrados, situada no lugar de Eirón. O inmoble conta con dous despachos, dous aseos e unha aula para o desenvolvemento de actividades, cunha superficie útil total de 121,7 metros cadrados.

Parte da subvención do Executivo autonómico tamén se destinou a mellorar a rede de saneamento de diversos puntos do municipio, mediante a recollida de augas pluviais e a posterior reposición de pavimento, tanto peonil como de vehículos. Estes leváronse a cabo nos lugares de Abeleiras, Lago, Cuíña, Vilar de Colúns, Godón, Outeiro de Bois e Cives.

O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financiou integramente esta actuación cunha achega de 231.843 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.

Novas relacionadas

Recunchos arqueolóxicos

Fonte

  • Xunta de Galicia.

Comentarios