Mércores. 01.02.2023
El tiempo

A TDT chega a Mazaricos e Santa Comba

A TDT chega a Mazaricos e Santa Comba

Hainos quen temos problemas de recepción en Cee, Carnota, Corcubión... Pero en Mazaricos a situación se cadra era máis grave. Parece que os problemas remitirán coa posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT no centro emisor de televisión de Val do Dubra, prevista para o próximo venres día 23.

Con ela, unhas 9.000 persoas dos concellos de Mazaricos, Carballo, Santa Comba e Val do Dubra, poderán ver a televisión. Marca TV ou Boing son algunhas das canles que se incorporan nesta nova oferta.

Agora, e unha vez comprobada a calidade da cobertura, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha simple busca no receptor de TDT.

É unha demostración de que, neste caso, o progreso foi en contra da calidade do servizo, pero que agardemos que nos vindeiros anos se poida mellorar.

Máis información

Os novos canles distriburanse do seguinte xeito:

  • Canle 46: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD.
  • Canle 38: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10.
  • Canle 28: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV.

Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154- ou na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es-.

O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do Plano da homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que, durante as próximas semanas, acenderá 67 centros emisores cos novos múltiplex.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

comentarios