Venres. 26.04.2024
El tiempo

Así vemos a TDT en Corcubión. E vós?

Así vemos a TDT en Corcubión. E vós?

Levamos tempo escoitando denuncias de aquí e dalá de que a TDT non se ve ben. Se en Cee hai problemas de recepción; se en Muxía... Se ben a partir do vindeiro día 24 a Xunta informa de que os veciños de Fisterra e Sardiñeiro verán mellorado o seu sinal de Televisión Dixital Terrestre grazas a un cambio de centro emisor, o resto da bisbarra seguimos sufrindo un auténtico atraso en materia de comunicación.

O equipo de QPC, en Corcubión, na rúa Rafael Juan, vemos así a TDT. Uns días vese mellor que outros, é certo, pero a realidade é que dependemos que non haia moito vento para que poidamos ver a tele en paz. A iso lle chaman progreso?

Así, só nos queda instarvos a que nos contásedes como a vedes vós.

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios