Novo emisor de TDT en Camelle


Xa vimos como se ve a TDT en Corcubión e escoitamos ás vosas queixas. Pero o de Camelle debía ser terrible para que a Xunta metese mans no asunto...
I é que a pasada semana a Xunta instalou un novo equipo emisor de TDT en Camelle, que dará servizo a máis de 1.000 habitantes. Os veciños teñen que reorientar as antenas e sintonizar de novo os seus receptores para poder captar as canles de TV, que serán ampliadas nos próximos días.
O novo centro emisor está instalado na parte leste da enseada de Camariñas. A infraestrutura consta dunha caseta, construída polo Concello e unha torre metálica de 18 metros que soporta as antenas de TDT, e que foi instalada pola Secretaría Xeral de Medios. Completan o centro emisor os equipos de transmisión da televisión dixital terrestre, que supuxeron o investimento de 60.000 financiados a partes iguais polo Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia.Seguen os problemas en Cee
Por Cee continúan os problemas. Chegounos esta mesma semana unha queixa na que afirman que no termo municipal de Cee, "a sinal da tdt segue sendo mala, e no concello non o solucionan. Chámaslle para que arreglen o tema da tele, e din que xa chamaron, e que non e cousa deles. Que goberna o concello, o alcalde ou o papa de Roma?", critica algún veciñ.
Novas relacionadas
- Os veciños de Fisterra e Sardiñeiro xa poden ver a TVG reorientando as súas antenas.
- Así vemos a TDT en Corcubión. E vós?.
- A TDT esquécese da Costa da Morte.
Artigos relacionados
- Ciencia e Tecnoloxía, con Mario Rodríguez: Conclusións da TDT e da TDT ¿HD?.
- Ciencia e Tecnoloxía, con Mario Rodríguez: Por fin…TDT na costa da morte, guía de como sobrevivir a ela .
- Historias Nómades, con Serxio Iglesias: T.D.T. .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).