Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A TDT esquécese da Costa da Morte

A TDT esquécese da Costa da Morte
A semana pasada amosabamos como o equipo de QPC ve a TDT dende Corcubión. Apuntabamos que na vila de San Marcos, en función do vento, un día vemos uns canles mal e outro día eran outros os que non se sintonizaban correctamente. Pero case nunca vense ben todas as cadeas. Unha situación que nos parece incrible, demostrando que ás veces o desenvolvemento obriga a dar pasos cara atrás, sempre, iso si, nas zonas esquecidas como a nosa da fin do mundo. Pedíamos as vosas opinións e foron moitos os veciños que comentaron como é a situación nas súas casas. O que nos chama a atención é que moitos veciños, ante os eternos problemas de cobertura, decidíronse por contratar un servizo de televisión por satélite... Imos repasando por zonas en función das respostas que recibimos no QPC, ao correo e a través do Facebook de QPC. Pero quedámonos con dúas claras denuncia: - Manuel Suárez Martínez dinos "Somos o último recuncho do mundo. De nós non se acorda nin dios. Nin tele, nin estradas nin nada".. - Alfonso Pereira denuncia que "Claro que se esquece... pero non é só a TDT. Isto é algo significativo do que pasa con todo na Costa da Morte".

Carnota

Por Carnota, María Otero apunta que "depende do día, pero normalmente cando chove sempre hai interupcións nos canles".

Muxía

Dende Múxía contactou con nós Dimas Búa. Un Dimas que non entende o que pasa coa TDT: "A verdade que é rarisimo, no meu edificio cambiaron a antena por unha nova, e orientarona unha vez para o Facho e outra para Vimianzo. E nada, antes víase ben todo, e despois nunha habitación non se ve nin La Sexta, nin Cuatro e algunha máis. E despois din por aí que collen Marca TV e canales asi, e na miña non se colle en ningunha zona da casa". Dimas remata con dúbidas: "Non sabemos si o problemas é noso que é raro xa que puxeron a instalación nova, ou non chega ben a señal".

Cee

Foron varios os veciños de Cee que nos amosaron o estado das súas teles, unha vez que a vila da Xunqueira foi das máis activas nas protestas do ano pasado. Antonio Arias Lamela explícanos que "en Cee vese millor, pero segundo o día desaparece algúns canles, ou se reciben con molestas intermitencias, mini apagóns que duran uns segundos e que veñen en grupos de dous. Moitas veces estes fallos na recepción débense a que a sinal é debil, pero outras o sinal ten muita forza e non se ve.

Tamén nos contou a súa experiencia María Vidal, que denuncia que "en Cee, a imaxe quedase trabada, ou parpadea ou sinxelamente non ten sinal... é unha verdadeira vergonza!"

Dumbría

O noso compañeiro Mario Rodríguez, un máis activos na loita por unha TDT decente na Costa da Morte, explícanos "no Ézaro a TDT vese perfectamente"... Será polo seu amigo antenista...

Fisterra

Curiosamente non houbo queixas da familia fisterrá. Pero segundo nos informan dende a Xunta os problemas de recepción obrigan ata cambiar o centro emisor. De feito, a partir deste xoves 24 de febreiro os veciños dos núcleos de Fisterra e O Sardiñeiro verán mellorado o seu sinal de Televisión Dixital Terrestre grazas a un cambio de centro emisor. O centro emisor de Sardiñeiro, situado no concello de Corcubión, pasará a emitir o sinal do múltiplex autonómico para a zona de Fisterra. Mañá explicaremos da man de Xusto Gómez, como se procede para reorientar a antena e resintonizar a TDT.

Malpica

A compañeira Miriam Rodríguez recoñece que sufrían serios problemas de cobertura ata que decidiron contrata o servizo iplus, que se ve sen problemas.

Corcubión

Primeiramente o propio Mario Rodríguez sinalaba que os problemas poden deberse a un problema no repetidor de Oliveira, xa que "non é normal que haxa canales totalmente negros pero que o EPG se reciba e muito menos que se mezclen entre eles.. non parece que sea por causas meteorolóxicas". Pola súa banda Rubén Pais laméntase: "Bueno, es la misma historia de siempre... cuando veo la tele en Corcu o en Cee hay momentos que se corta (pantalla en negro) y en 2 segundos se vuelve a la normalidad pero cuando estuve viviendo en Santa Comba no pasaba eso... En fin... es lo que hay". E Alfonso Pereira é máis claro: "Levo en Corcubión 36 anos e nunca nunca, nunca, vin tódolos canles. De feito segundo o tempo vía uns ou vía outros..." O compañeiro Serxio Iglesias, que xa nos contaba a súa experiencia nunha das súas Historias Nómades, apunta que onde vive "non é cuestión de días. Simplemente non se ven as canles ou se ven nun continuo pixelado. Dende o concello dixéronme que a solución era difícil???? e non me quedou outra que contratar digital+ para poder ver as canles gratuítas a través da parabólica". Dos problemas con Antena3 fálanos José Ramón Piñeiro. "Bueno eu en San Marcos, ao lado da iglesia, solemos ver bastante ben casi tódolos canales salvo os de Antena3, que non hai maneira sempre están pliseando. Temos a antena por Carnota, pero ao final non sei si a mellor solucion non sera o que fixo Serxio e comtratar digital+...

Contratando vía satélite

De tódolos xeitos, que a solución sexa a de mercar un paquete de canal satélite non é de recibo. E as experiencias ás veces non son tan positivas. Fernando Rey Wonenburger cóntanos como a solución pode convertirse en problemas: "He tenido canal digital, unos manguis. En Cee me cobraron un disparate por ver menos, el antenista de Video Laser decía que la culpa era mía o de la casa".

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios